A DIRECTORA XERAL DE DISCAPACIDADE CLAUSURA O CURSO “TRABALLO CON FAMILIAS”
Santiago 30 de novembro A Directora Xeral de Discapacidade, Begoña Abeijón, clausurou esta maña, na EGAP a segunda edición do curso “Traballo con Familias”, formación organizada e coordinada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e impartida polo Centro Marie Langer, Centro de desenvolvemento de saúde comunitaria. Durante a súa intervención, Begoña Abeijón subliñou a transcendencia de ofrecer unha atención da máxima calidade na atención aos nenos, ás familias e aos súas contornas, destacando o importante crecemento da Rede galega de Atención Temperá, rede pública e gratuita financiada pola…















