GaliciaNoticias

ELENA SUARÉZ E CARMEN POMAR, DIPUTADAS DO PARTIDO POPULAR VISITAN A UDIAF SALNÉS EN VILAGARCÍA DE AROUSA

21-09-2022

Elena Suárez y Carmen Pomar, diputadas do Partido Popular no Parlamento de Galicia visitaron onte as instalacións da UDIAF Salnés co obxecto de interesarse pola situación actual desta Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar, servizo social comunitario específico da Rede Galega de Atención Temperá que atende a comarca do Salnés, financiado ao 100% pola Consellería de Política Social  e xestionado pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) .

O obxecto da visita foi interesarse pola posibilidade de ampliar e mellorar as instalacións así como a ampliación do equipo para dar solución a demanda actual e a existencia de lista de espera.


A UDIAF atende anualmente un promedio de 140 nenos/as e as súas familias e está ubicado no centro sociocomunitario de Vilagarcía de Arousa.

Carmen Pomar é diputada por A Coruña, foi Conselleira de Educación e actualmente preside a Comisión de Discapacidade no Parlamento de Galicia.

Elena Suarez é diputada por Pontevedra e Vicepresidenta da Comisión de Educación no citado Parlamento

Na visita foron recibidos pola Coordinadora da Unidade, Gema Martínez, e polo Presidente da AGAT, Jaime Ponte, que lles ofreceron as memorias de actividades da Unidade, e informaron da situación do servizo.

Tanto os representantes do Partido Popular como os profesionais da AGAT expresaron a súa disposición a buscar solucións a actual situación no inmediato futuro.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

AGAT CONTRATA PSICOMOTRICISTA PARA ATENCIÓN TEMPERÁ NA UDIAF BERGANTIÑOS
REMODELACIÓN DA SALA DE PSICOMOTRICIDADE NA UDIAF BERGANTIÑOS