Galicia

XOANA BALADO, PREMIO DOWN GALICIA

 

O 21 de marzo, e con motivo do día do Síndrome de Down, tivo lugar no teatro Jofre de Ferrol a entrega dos premios Down Galicia, correspondéndolle este premio, na categoría individual, a Xoana Balado, psicomotricista da Unidade de Atención Temperá de Ferrol.

Na exposición de motivos a Federación Down Galicia expuxo o seu recoñecemento á traxectoria profesional de Xoana como profesional referente na comarca para as familias con rapaces e rapazas con síndrome de Down.  Pola súa firme defensa da inclusión social e do papel das familias así como pola súa aposta pola creación dunha rede de servicios de atención temperá tanto en Galicia como en España.

Na súa intervención Xoana fixo mención aos progresos obtidos na construción da Rede Galega de Atención Temperá, coa colaboración e as achegas das crianzas, as familias, as asociacións e as administracións públicas. Así como á necesidade de dignificar o desempeño profesional na citada Rede.

¡ Parabéns ¡

Tags: Galicia

Outras entradas

2O DE ABRIL – CURSO SOBRE MASCULINIDADES CORESPONSABLES
A UDIAF BERGANTIÑOS ATENDEU 125 FAMILIAS EN 2023