NOVA PÁXINA WEB DAS UDIAF
As Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar estrean páxina web: https://udiaf.com/ As UDIAF (Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar) son dispositivos interdisciplinarios especializados en Atención Temperá e acompañamento ás familias cando os nenos e nenas de 0 a 6 anos presentan disarmonías ou situacións evolutivas polas que precisan apoio no seu desenvolvemento persoal Creadas en 2009 como unidades piloto de Atención Temperá, as UDIAF están situadas actualmente nas comarcas do Salnés Norte, Salnés Sur, Deza e Bergantiños e son xestionadas pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) Están…

















