Galicia

4ª EDICIÓN DO PROGRAMA INTRASERVIZOS

Santiago de Compostela, 8 de mayo del 2026 O  Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou hoxe no Centro Gallego de Desarrollo Integral (CEGADI) a Xornada de presentación do PROGRAMA DE FORMACIÓN INTRASERVIZOS (4ª edición.), organizado pola  Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT). Este programa está dirixido a profesionais  que exercen o seu labor nos Sevizos da Rede galega de atención temperá. Durante a súa intervención, o Director Xeral,destacou a necesidade de seguir reforzando a formación continua dos/as profesionais que traballan con nenos e nenas, entre…
Galicia Noticias

AGAT RECLAMA SOLUCIÓNS Á SITUACIÓN LABORAL

AGAT RECLAMA SOLUCIÓNS FRENTE AS SITUACIÓNS DE DISCRIMINACIÓN ENTRE SERVIZOS E PROFESIONAIS QUE ESTÁNSE A DAR NA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ A Xunta Directiva da AGAT, examinou na súa última reunión do 31 de xaneiro a situación laboral dos profesionais de Galicia á luz dos datos da enquisa e do informe sobre a antedita realidade  que  ven de realizar e publicar, e no que destaca as negativas consecuencias que está a producir a normativa actual  que permite dividir en categorías diferentes e con custos diferentes a  profesionais que realicen…
Galicia Noticias

PUBLICADA A RESOLUCIÓN DAS AXUDAS DO 0,7% DO IRPF PARA 2026

Na seguinte ligazón atoparedes a resolución das concesións de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, da Consellería de Política Social e Igualdade. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260120/AnuncioG0762-130126-0001_gl.html  A través desta orde, reciben axudas 167 entidades para realizar 773 actuacións AGAT recibe ayudas para a realización de dous programas Liña 3 – Programa de traballo con familias dende atención temperá. Aplicación práctica e supervisión  Liña 4 – Proxecto de adecuación técnica…
Galicia Noticias

AGAT – RESUMO DE ACTIVIDADES DO ANO 2025

Estimadas/os socias e socios, Co obxectivo de mellorar a transparencia, aumentar a visibilidade do traballo da asociación e promover unha maior participación, informámosvos de que, a partir de agora, recibiredes información regular sobre as accións que está a levar a cabo a AGAT, así como comunicación periódicas sobre os asuntos tratados nas reunións da Xunta Directiva. En relación con isto, achegamos o resumo das actividades levadas a cabo durante o presente ano 2025 dende a Xunta Directiva. Quedamos á disposición de todas as persoas socias, así como de calquera outra…
Galicia

A REALIDADE LABORAL NOS SERVIZOS COMUNITARIOS DA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Durante o ano 2024, a AGAT decidiu recompilar máis información sobre cales eran as condicións económicas e laborais dos profesionais que traballan nos Servizos Comunitarios Específicos da Rede Galega de Atención Temperá No informe anexo e que figura a continuación, tendes a información recollida despois dunha extensa enquisa, así como un breve esquema de conclusións e propostas para a mellora da realidade actual Esperamos que sexa de utilidade. Agradecemos a vosa participación Un cordial saúdo A Xunta Directiva da AGAT

UN CONGRESO DE EXPERIENCIAS, APRENDIZAXES, REIVINDICACIÓNS, CONMEMORIACIÓNS, APERTAS E CELEBRACIÓNS

XV Congreso Nacional de Atención Temperá. A Coruña. Fin de semana repleta de experiencias, aprendizaxes, e reivindicacións pero tamén de conmemoracións, apertas e celebracións. Grazas a todas as que, con nomes e apelidos, formastes parte e o fixestes posible. Seguiremos traballando, loitando e avanzando 💛 Vémonos na seguinte edición 🙂