Historia da AGAT
![timeline_pre_loader](https://atenciontemprana.com/wp-content/plugins/Ultimate_VC_Addons/modules/../assets/img/timeline_pre-loader.gif)
Marzo 1997 - Constitución da Asociación
Programa Europeo Helios II
A asociación constitúese no marco de ideas do Programa Europeo Helios II, promovendo un modelo integral biopsicosocial, centrado na comunidade e nos contornos naturais. AGAT está integrada por profesionais galegos procedentes das distintas disciplinas implicadas na Atención Temperá tanto no campo sanitario como no psicosocial e educativo: logopedas, psicomotricistas, psicólogos, pediatras, mestres de educación infantil, neuropediatras, foniatras, rehabilitadores infantís, terapeutas ocupacionais, pedagogos, profesores de educación especial, traballadores sociais, fisioterapeutas, … AGAT ten como obxectivos o intercambio de experiencias a formación continua e actualización profesional, a investigación e calidade, o fomento da comunidade profesional e o desenvolvemento dun sistema compartido de AT. Dende 1997 promovemos xornadas interdisciplinarias, cursos de actualización, investigacións e programas experimentais
Decembro 1997 - I Xornada Interdisciplinaria
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2014/02/HISTORIA-AGAT_Página_17-1024x768.png)
O Programa
Maio 1998 - A Colaboración Interdisciplinaria e Intersectorial
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2014/02/HISTORIA-AGAT_Página_18-1024x768.png)
Educativa e Sociosanitaria
Vitoria Soriano da Axencia Europea de N. E. E. Bruselas; Emi Millá,Presidenta Asociación Profesionales Estimulación Precoz da Comunidad Valenciana; Antonio Villamarín de Down Galicia; Madó Cascallar de FADEMGA; Socorro Ocampo da Unidade de Neonatoloxía de Vigo; Elena Piñeiro, Presidenta de Hoy por Mañana, José Perez Felpeto, Rehabilitador do Xeral de Vigo; Maite Andreu, pedagoga do Clínico San Carlos de Madrid; Carmen Cidre, Rehabilitadora da UAT de Santiago, Rosa Pérez Cobeta, Pediatra de AP de Ferrol ou Elixio Domarco, psicólogo dos EOE e os profesionais da AGAT participaron nesta xornada
Outubro 2000 - A informática e a tecnoloxía
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2014/02/HISTORIA-AGAT_Página_19-1024x768.png)
Na primeira infancia
A Sociedade da Información, Utilidades educativas multimedia, Informática e atención temprana, Metodoloxía de acceso os ordenadores, Novos entornos de comunicación social, INTERNET foron os temas destas Xornadas celebradas no Centro de Innovación e Servicios de Galicia (CIS). Coa participación de X. Fernandez Hermida da Escuela Superior de Telecomunicaciones da Universidade de Vigo; Victoria Sivill da Fundación L’Espiga de Barcelona; Benxamín Salgado do Programa Clic de Santiago, Paloma Cantón do Programa Albor de Acceso al ordenador de ATAM Madrid, M .Alvarez-Builla da Unidad de Motóricos de S. Pedro de Visma de A Coruña; o Equipo do Colexio N.S. do Rosario de A Coruña; Luz. Peciña da Unidade Tiflotécnica da ONCE, Elias Vived de Asdown Huesca co Programa de entrenamiento cognitivo Bright -Start; Aurora Romero de Chavós, Ferrol; María Jose Rodriguez do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA); Antonio Castelao e Consuelo Garcia da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación do Profesorado,
Xuño 2000 - A presentación do Libro Blanco
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2014/02/HISTORIA-AGAT_Página_35-1024x768.png)
Presentación do Libro Blanco en Madrid: Demetrio Casado, José Arizcun, Fátima Pegenaute, Conxa Bugié, Marisa Poch, Emi Milla, Maite Andreu, Jaime Ponte. Membros de AGAT que participaron na elaboración do Libro Blanco: Xoana Balado, Teresa Busto, José Cardama, Luisa Cid, Rosa Fraga, Elisa Martínez, Marisa Pendás, Jaime Ponte.
Febreiro 2002 - A protección das primeiras relacións
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2014/02/HISTORIA-AGAT_Página_20-1024x768.png)
En neonatoloxía
Con Carmen Pallás e Carmen Medina, Pediatras Neonatólogas do Hospital Doce de Octubre. Madrid; José Arizcun e Mercedes Valle do Servicio de Neonatoloxía do Hospital Clínico Universitario San Carlos. Madrid; Cecilia Perez-Minguez. Psicóloga. Filóloga. Centro de Psicoterapia e Psicoanálisis. Madrid. Unhas xornadas dedicadas ao análisis das relacións interpersonais tempranas
Xaneiro 2004 - Guía de estándares
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2014/02/HISTORIA-AGAT_Página_30-1024x768.png)
Formulario de Autoevaluación
Elaborada no marco do Programa INTER do IMSERSO, de 1998 a 2002. Coa participación de AGAT, APPV, Down Huesca, ASPACE Cantabria, Arans-Bur Burgos. Co-autores: Jaime Ponte, José Cardama, Elias Vived, Juan Carlos Belda, Teresa González e Jose Luis Arlanzón. Colaboradores da AGAT: Luisa Cid, Mª Victoria Diéguez, Teresa Busto, Xoana Balado. Seminarios realizados: Novembro 1999-Burgos, Maio 2000, Huesca, Outubro 2000, Ferrol, Febreiro 2001, Villena, Xuño 2001, Santander, Novembro 2001, Madrid, Xullo 2002, Burgos, Setembro 2002, Vigo, Outubro 2002, Burgos, Novembro 2002, Madrid Segunda edición 2008. Traducción inglesa 2008
Decembro 2004 - Cursos Monográficos
Función Motriz, Visual, Sistemas Alternativos
Decembro 2005 - Cursos Monográficos
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2014/02/HISTORIA-AGAT_Página_25-1024x768.png)
Trastornos do Espectro Autista
Marzo 2005 - Recomendacións técnicas
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2014/03/Recomendaciones-Xornada-2005Madrid1.png)
Desenvolvemento da Atención Temperá
Marzo 2005 - Xornadas Interdisciplinarias
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2023/07/2006-V-Xornadas-Interdisciplinarias-1022x1024.jpg)
Familia e Inclusión Social
Maio 2006 - Cursos Monográficos
![](/wp-content/uploads/2014/03/HISTORIA-AGAT_P%C3%A1gina_26-_resized240x150.png)
Implantes Cocleares, ODAT
Decembro 2006 - Inicio programa A Tempo
![](/wp-content/uploads/2014/03/image014.thumbnail-_resized240x150.jpg)
Detección Precoz nas Escolas Infantís
Marzo 2007 - Formación de Formadores
![](/wp-content/uploads/2014/03/Imagen-01823marzo-copia-_resized240x150.jpg)
Formación de Formadores do prorama A Tempo
Xuño 2007 - Xornada de Divulgación
![](/wp-content/uploads/2014/03/15-06-7-_resized240x150.jpg)
Xornada de Divulgación do prorama A Tempo
Maio 2008 - Plan de Formación
![](/wp-content/uploads/2014/03/ninios-12-_resized240x150.jpg)
Unha mirada semiótica e pragmàtica
Novembro 2008 - Organicación Diagnóstica
![](/wp-content/uploads/2014/03/HISTORIA-AGAT_Página_31-_resized240x150.png)
Organicación Diagnóstica na Atención Temperá
Decembro 2008 - Conferencia Internacional
![](/wp-content/uploads/2014/03/confer-intern-gal-_resized240x150.jpg)
Conferencia Internacional do programa A Tempo
Abril 2009 - Plan de formación
![](/wp-content/uploads/2014/03/Antela-_resized240x150.jpg)
Plan de formación TDAH
TDAH
Xuño 2009 - Proxecto UDIAF
![](/wp-content/uploads/2014/03/salnes-_resized240x150.gif)
Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar
Marzo 2010 - A escala EVE
![](/wp-content/uploads/2014/03/ATCeguera-_resized240x150.gif)
A escala EVE de valoración da dependencia
Marzo 2010 - Detección e atención temperá
![](/wp-content/uploads/2014/03/bugie3-_resized240x150.jpg)
Detección e atención temperá das alteracións motoras
Abril 2010 - Trastornos Específicos da Linguaxe
![](/wp-content/uploads/2014/03/portada-progresos-desarrollo-2010-_resized240x150.png)
Trastornos Específicos da Linguaxe
Xuño 2010 - Informe A Tempo
![](/wp-content/uploads/2014/03/Dibujo-en-fondo-blanco-_resized240x1501-_resized240x150.png)
A detección precoz nas escolas infantís
Setembro 2010 - Plan de Atención Integral
![](/wp-content/uploads/2014/03/plan_discapacidade-_resized240x150.png)
Plan de Atención Integral as Persoas con Discapacidade
Xaneiro 2011 - Os nenos hiperactivos
![](/wp-content/uploads/2014/03/lasa2-_resized240x150.jpg)
Os nenos hiperactivos e a súa personalidade
Marzo 2011 - Primera Noticia
![](/wp-content/uploads/2014/03/primera-noticia-portada1-_resized240x150.png)
Primera Noticia
Abril 2011 - La realidad actual
![](/wp-content/uploads/2014/03/realidad-actual-at-1-_resized240x150.png)
La realidad actual de la Atención Temprana en España
Abril 2011 - Carteira de Servizos
![](/wp-content/uploads/2014/03/carteira-de-servizos-1-_resized240x150.png)
Carteira de Servizos de Atención Temperá
Abril 2012 - Técnicas e recursos relacionais para a práctica
![](/wp-content/uploads/2014/03/2013-04-20-18.15.05-_resized240x150.jpg)
Técnicas e recursos relacionais para a práctica da psicomotricidade en AT
Xoana Balado, Pedagoga, Psicomotricista, Unidade de Atención Temperá, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide Novoa Santos Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. Escondites e refuxios. Os obxectos: explorar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo, obxecto relacional, obxecto emisario. Separación, individuación e identidade. Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación. Agresividade, apropiación e identidade. A representación xestual, vocal e gráfica.
Outubro 2012 - As tecnoloxías da información e a comunicación
![](/wp-content/uploads/2014/03/xornada-tic-6-outubro-2012-e1386785162800-_resized240x150.png)
As tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito da atención temperá
TADEGA-Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega,Juan Fernández García, Emma Mayo; BLOGS FAMILIAS: Pensando en imaxes, Mamiiago, Cappaces, Cuca da Silva, Ines Casal, Carmen Saavedra, INVESTIGACIÓNS: O contexto familiarIria Botana. Servizo Atención Temperá. Mancomunidade Ordes, Angel Javier González, Equipo Centro Base de León. Internet e as novas tecnoloxías da información e a comunicación Pizarras, ordenadores, creación de ferramentas de interacción, contos multimedia, tablets, apps, consolas de xogo,…. Utilidades A web e a búsqueda de información: os portales de referencia Os blogs das familias e dos profesionais. A comunicación de experiencias e a creación de novas redes e comunidades de apoio Presentación da investigación: O contexto familiar nos programas de Atención Temperá.
Outubro 2013 - Intervención Familiar
![](/wp-content/uploads/2014/03/2013-10-05-10.11.09-_resized240x1501-_resized240x150.jpg)
Intervención Familiar en Atención Temperá
EGAP, Santiago de Compostela.
Sonsoles Perpiñán, Psicóloga, Especialista en Educación infantil e en Atención Temperá, Directora do Equipo de Atención Temprana de Ávila dependente da Consejería de Educación de la Junta de Castilla y León, Asesora técnica da Asociación Abulense da Síndrome de Down
Decembro 2013 - NOVO DECRETO
![](/wp-content/uploads/2014/03/Fotolia_48281098_L-_resized240x1501-_resized240x150.jpg)
Rede Galega de AT
Benestar crea por primeira vez en Galicia unha rede de atención temperá para nenos con problemas de desenvolvemento.
Atención Temperá: un espazo de traballo común con competencias ben definidas no ámbito 0-6 Un modelo biopsicosocial, centrado nas familias e baseado nas contornas naturais Centros-Equipos interdisciplinarios, comunitarios, e de proximidade Especialización profesional Consello Autonómico interdepartamental Asume e desenvolve os principios do “Libro Blanco de Atención Temprana”
Xaneiro 2014 - Visita da Conselleira de Traballo
![](/wp-content/uploads/2014/03/índice-_resized240x150.jpg)
Visita da Conselleira de Traballo as UDIAF
A Consellería de Traballo e Benestar incrementará este ano nun 12,5% o convenio de colaboración que mantén desde 2009 coa Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), que chegará aos 225.000 euros, para seguir financiando as unidades de desenvolvemento infantil e apoio familiar (UDIAF) das comarcas de Deza e O Salnés, así como para poder abrir un novo servizo na provincia da Coruña. Nas dúas unidades operativas en Pontevedra aténdense, máis ou menos anual, 250 nenos de 0 a 6 anos de idade con problemas de desenvolvemento ou en risco de padecelos
Febreiro 2014 - Premio Reina Sofía 2013 de Rehabilitación e de Integración.
![](/wp-content/uploads/2014/03/PB250015-_resized240x150.jpg)
Premio Reina Sofía de rehabilitación
A Federación GAT á que pertence AGAT gaña o Premio Reina Sofía 2013 de Rehabilitación e de Integración.
Con este galardón prémiase unha traxectoria de traballo a prol dun modelo de atención temperá centrado na familia e nos contornos naturais, baseado na universalidade, a gratuidade, a participación, a sectorización, a proximidade e a interdisciplinariedade AGAT felicita ás decenas de profesionais que co seu traballo, tanto en Galicia como en España veñen sostendo dende hai anos este modelo de atención temperá
Outubro 2014 - UDIAF Bergantiños
![](/wp-content/uploads/2018/11/IMG_0128-_resized240x150.jpg)
Inauguración da UDIAF Bergantiños
Terceira UDIAF promovida pola AGAT en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Carballo.
n Carballo inaugurouse o 3 de Novembro de 2014 a UDIAF da comarca de Bergantiños, un servizo público e gratuíto que ofrece unha asistencia integral aos nenos de cero a seis anos que presentan discapacidades ou dificultades no seu desenvolvemento, talles como problemas motrices, de linguaxe ou de comportamento emocional e cognitivo ou que teñen o risco de padecelos, ademais de prestar apoio ás súas familias.
Esta Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (Udiaf), promovida e xestionada pola AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá) e a Consellería de Traballo e Benestar, sitúase no semisótano do antigo ambulatorio cedido polo Concello carballés. Ocupa o espazo das antigas oficinas da Unidade Asistencial de Drogodependencias, unha superficie de 180 metros cadrados repartidos nunha recepción, tres salas de atención e outra de reunións, unha oficina, un almacén e aseos.
O servizo empezou a funcionar onte e conta cunha psicomotricista, unha logopeda, unha administrativa e a coordinadora e psicóloga Yaiza Antelo. Deste servizo poden beneficiarse todas as familias de Bergantiños, co único requirimento de estar empadroadas nalgún dos sete concellos da comarca.
Novembro 2014 - UDIAF Bergantiños
![](/wp-content/uploads/2018/11/semente-de-futuro-_resized240x150.jpg)
Semente de futuro
XIV Jornadas Interdisciplinarias de la Federación Estatal de Asociaciones de Profesionales de la Atención Temprana y VI Xornadas Interdisciplinarias da AGAT Celebradas no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago no mes de Novembro de 2014.
Viernes 28 de Novembro, Sábado 29 de Novembro
Conxa Bugié, neuropediatra del CDIAP Dapsi-Moncada, Barcelona e figura histórica da Atención Temperá inagurou as xornadas coa conferencia “Memoria y futuro de la Atención Tempraona”
Tamén foi ocasión de presentar o novo protocolo de coordinación, intervención e derivación en Atención Temperá da Rede Galega, o que fixo Coro Piñeiro, Secretaria General de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar.
Rrcordamos motios dos ponentes das xornadas: Teresa Valls. Pediatra. C.S .Val Miñor. SERGAS, Amparo Rodríguez. Pediatra. Casa del Mar. A Coruña. SERGAS
Eva G. Colmenero. Neonatóloga. Unidad de Neonatología CHUVI, Rocío García Castro. Psicóloga, Noia. Manuel Rey. Jefe del Servicio de Ordenación, Innovación y Orientación Educativa de la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia. Sonsoles Perpiñán Guerras. Psicóloga. Directora del Equipo de Atención Temprana de Ávila. EOE Badajoz. Belen Compains. Navarra. Mireia Pérez Lag. Murcia. Mª Pilar Montealegre. Murcia. Rita Pilar Romero. Málaga. Antonia Márquez ,Unidad Maduración U.G.C. de Pediatría del Hospital U. Virgen de la Macarena de Sevilla. Jose Luis Peña. Neuropediatra. Hospital Miguel Servet de Zaragoza. Marisa Poch. Neuropediatra del Hospital San Millán de Logroño. “Garabato de xogos”. Ángeles Ruiz de Velasco, profesora titular de educación infantil en el Centro Universitario La Salle (UAM). Javier Abad, artista visual y doctor por la UCM. Profesor de Educación Artística en el Centro Universitario La Salle (UAM). Luis Prego. Maestro de música y baile tradicional.
Lembramos tamén á entrega á Conxa Bugié do premio honorífico do GAT
Marzo 2016 - Servizos comunitarios de Atención Temperá
![](/wp-content/uploads/2019/12/UDIAFS-SERVIZOS-COMUNITARIOS-AT-_resized240x150.gif)
Servizos comunitarios de Atención Temperá
As Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar -UDIAFS – das comarcas do Deza, Salnés e Bergantiños publican un traballo de recopilación e avaliación da súa actividade dende o seu inicio, hai 7 anos. O traballo revisa o deseño e realización do proxecto, os seus obxectivos, a contextualización e metodoloxía, e rinde contas dos seus resultados que poden contrastarse a través dunha exposición exaustiva dos diferentes indicadores da actividade. Realízase unha avaliación da cobertura e alcance das unidades, da adecuación das estruturas e perfís profesionais, das actividades e adecuación dos procesos de traballo. Un traballo que, recoñecendo as limitacións da experiencia, trata de promover unha reflexión conxunta de todos os profesionais da Atención Temperá en Galicia ao respecto da actividade profesional que desexamos
Xaneiro 2015 - Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación
![](/wp-content/uploads/2018/11/sinatura-protocolo-coordinacion-_resized240x150.jpg)
Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación
Acto de sinatura do Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación, polas Conselleiras de Traballo e Benestar, Educación e Sanidade.
Novembro 2016 - A crise da cultura de crianza
![](/wp-content/uploads/2019/12/cambio_social-cultura-crianza-_resized240x150.jpg)
A crise da cultura de crianza
As prácticas de crianza estiveron vinculadas durante moitos anos ao modelo da familia patriarcal e foron apoiadas pola tradición oral, o consello das avoas e, en xeral, das nais e comadres do grupo familiar. Pero nas últimas décadas, coa globalización e a transformación das nosas sociedades, a experiencia de ser pais/nais e os itinerarios da primeira infancia experimentaron grandes cambios. Nas circunstancias socioeconómicas actuais moitos pais e nais potenciais desisten de selo. Entre quen decide ser pais, un gran número de nais, que aínda son as que asumen maioritariamente a tarefa de criar, refiren a tensión que supón facerse cargo das funcións domésticas, parentais e laborais ou a sensación de inseguridade que experimentan ante calquera decisión que teña que ver co coidado e a educación dos seus fillos/as. A finalidade desta xornada é contribuír ao debate que trata de construír unha contorna e unhas prácticas de crianza que, desde a diversidade, apoien a relacións e necesidades dos pais/nais e dos nenos/as, creando mellores condicións psicosociais e de saúde, promovendo a conciliación da vida familiar e laboral e o benestar dos fillos/as, fomentando recursos comprensivos, estimulando a responsabilidade de todas as partes
Febreiro 2017 - Xenética
![](/wp-content/uploads/2019/12/xenética-at-1-_resized240x150.jpg)
Xenética
A xenética é unha disciplina “transversal que o abarca todo”, que ten aplicacións nos campos máis diversos como a historia, a migración dos pobos, a lingüística, así como en outros tan dispares como a investigación sobre o cancro, o autismo ou a medicina forense, temas aos que se dedica en corpo e alma o Profesor Dr Anxo Mª Carracedo. A súa ampla traxectoria profesional lle permitiu ser testemuña da evolución da xenética. “Ao abordar desde a xenética enfermidades moi distintas, vemos que se empregan os mesmos marcadores e os mesmos procedementos”, comenta o científico. «O número de casos que se poden diagnosticar mediante probas xenéticas é cada vez máis importante, asa o punto de que no autismo ou na discapacidade intelectual a porcentaxe pode acadar o 40 por cento e nas enfermidades raras o 80 por cento» Isto é moi importante para as familias cun neno ou unha nena autista, non soamente para confirmar o diagnóstico senón tamén para o consello xenético, por se queren ter máis descendencia. Desta forma, pódese predicir mellor o risco e tomar decisións ao respecto. O consello xenético é o estudo que se realiza a unha persoa determinada para comprobar se existe risco de que na súa familia poda repetirse a enfermidade que ela padece. Tratase dunhas probas coas que é posible adiantarse ao futuro desenvolvemento dun alto número de enfermidades. O profesor Carracedo comezou abordando cuestións relacionadas co cancro e agora está máis centrado en enfermidades psiquiátricas. No caso do autismo, realizou un proxecto integrado por un consorcio internacional no que secuenciaron exomas de moitos nenos e nenas autistas, atopando máis de 100 xenes novos. Se ao xenoma humano o comparamos cun libro, á parte deste libro que ten a información real se lle chama exoma, porque hai moitas partes do libro que non se sabe moi ben que información teñen. Ás partes que dan instrucións polo tanto se llas chama exoma, que é unha pequena parte do libro, como uns centos de millóns de páxinas. Grazas á xenética, pódense facer diagnósticos prenatais ou preimplantacionais que é unha maneira de previr que os nosos fillos e fillas e tamén os nosos netos e netas presenten unha patoloxía. Cando isto é inevitable e aparece unha diversidade funcional decatámonos da importancia da Atención Temperá para paliar o mellor posible as súas consecuencias. Como conclusión poderíamos realizarnos esta pregunta “Que deben de saber de xenética as profesionais e os profesionais da Atención Temperá?“
Xuño 2017 - A función corporizante do adulto
![](/wp-content/uploads/2019/12/Función-corporizante-_resized240x150.jpg)
A función corporizante do adulto
O pasado venres 2 de xuño celebrouse con gran éxito na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela un curso sobre “O corpo nos procesos de comunicación e aprendizaxe. A función corporizante do adulto”. O curso, organizado pola AGAT no marco das actividades de conmemoración do seu 20 aniversario (1997-2017) contou co participación de 50 profesionais especialistas en Atención Temperá e foi impartido polos destacados psicomotricistas arxentinos Daniel Calmels e Mara Lesguéberis. O curso foi presentado por Teresa Busto, pedagoga do STAND de Noia e Presidenta da AGAT, e Ana Fernández Blanco, psicomotricista da UATH de Ourense e membro da XD da AGAT. Daniel Calmels, é autor dun sólido e continuado traballo[1] sobre a necesidade que ten o neno ou a nena dunha presencia sensible do adulto na crianza e construción do seu corpo, partindo da súa lúcida distinción entre organismo, dotación biolóxica, e corpo, construción psicosocial Segundo Calmels a presencia corporizante do adulto pode pensarse tanto no sentido do establecemento dun lugar de refuxio, de seguridade e confianza, de nucleación dunha identidade, como na construción e na exploración das manifestacións corporales: a voz, a mirada, os sabores, a xestualidade e as actitudes posturais. O corpo é sempre portador dunha historia, dunha biografía construída cos adultos coidadores e cos iguais. Pola súa parte Mara Lesguéberis autora dun fermoso libro[2] sobre os efectos da identidade de xénero no xogo, fixo fincapé na necesidade de vencer a división dominante entre xogos de nenos e nenas, e a imposición dende fora de liñas específicas de xénero (vencelladas á casa, a cociña, os coidados, etc.) no xogo das nenas cando “xogar debe ser libre e posibilitar a creación de todo tipo de mundos de ficción”. O curso resultou apaixonante polo novidoso enfoque de Daniel Calmels e Mara Lesguéberis e a fondura teórica e artellamento práctico da súa reflexión. No transcurso da reunión tamén incidiron nas consecuencias dos cambios sociais e os deslizamentos que se están a producir nas prácticas e nas vivencias da crianza e que poden levar a cambios sen dúbida indesexables para a nosa infancia: do coidado ao control, da creatividade á pasividade, da tenrura á indiferenza, da paixón pola exploración á excitación pola novidade. Teléfonos móbiles, xogos dixitalizados, parques de diversións, exceso de información, aceleración da vida e continuidade sen pausa, sitúannos ante a paradoxa de que os novos itinerarios de vida empobrezan e reduzan a construción do corpo do neno e as súas manifestacións.
Xuño 2017 - 20 aniversario ``O pracer de xogar``
![](/wp-content/uploads/2019/12/20_Aniv_Agat_XOGA-Presenta_e_Ponentes_Página_1-_resized240x150.jpg)
20 aniversario “O pracer de xogar”
Conferencias e Obradoiros sobre a importancia do xogo na primeira infancia. Afondaremos na relación entre xogo e cultura, e na función do xogo no proceso de socialización. Estudaremos o xogo como espazo de goce e reflexión para ser, coñecer e sentir, e a súa relevancia na Atención Temperá. Analizaremos o papel da persoa adulta nas diferentes fases evolutivas. Contaremos coa participación de sobresalientes profesionais, creadoras e creadores e artistas que inscriben a súa actividade no itinerario 0-6 e compartirán as súas experiencias. Este será un evento único no ámbito da Atención Temperá. Unha ocasión extraordinaria, nun lugar máxico. 3 de xuño de 2017. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Xuño 2018 - Máster en desenvolvemento infantil e atención temperá
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2023/04/WEB-MASTER-2020-2021-GAL.-pequena-1-_resized240x150.png)
Máster en desenvolvemento infantil e atención temperá
No ano 2018 iníciase un Máster en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá organizado pola Universidade de A Coruña, Facultade de Ciencias de Educación e coa colaboración da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) Este Máster ofrece unha formación de posgrado orientada a que todos os que traballan no espazo profesional de 0 a 6 anos, sexa dende o campo educativo, social o sanitario, poidan adquirir unha comprensión integral do desenvolvemento infantil e da súa diversidade, dotándoos de criterios, recursos e técnicas para o análises das situacións evolutivas e a intervención co neno/a, a familia e as redes sociais. Ademáis, o posgrado ofrece as bases para poder iniciar un recorrido profesional como especialista en Atención Temperá, ou para renovar e actualizar a súa formación aos profesionais en exercicio O plan de estudos está deseñado dende unha perspectiva integral, relacional, inclusiva e biopsicosocial, centrada na actividade situada e na relación entre o neno/a e os seus contextos de vida Conta coa participación de docentes e profesionais acreditados por unha larga experiencia, ten un enfoque operativo e complementarase con 100 horas de prácticas en servicios o centros. Información, ENLACE https://masteratenciontemprana.org
Xuño 2018 - Día da Atención Temperá
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2020/06/dia-atención-temprana-2020-CENTROS.png)
DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ
No ano 2018 iníciase tamén a celebración do DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ, por iniciativa da Federación Española de Asociaciones de la Atención Temprana e a partir dunha proposta da AGAT. O día concíbese como unha xornada festiva e de reivindicación. O ano 2018 a comemoración realízase o día 15 de abril, e a continuación terá lugar o día 16 de xuño, para recordar a presentación do Libro Branco de Atención Temperá en Madrid 0 16 de xuño do ano 2000.
Decembro 2018 - A visión dos profesionais
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2018/12/LA-VISIÓN-DE-LOS-PROFESIONALES-e1543830921790.jpg)
ATENCIÓN TEMPERÁ. A VISIÓN DOS PROFESIONAIS
En decembro de 2018, a Federación Española de Asociaciones de la Atención Temprana publica o documento “ATENCIÓN TEMPERA. A VISIÓN DOS PROFESIONAIS”, no que se actualizan o ámbito persoal, principios, recursos, procedementos, financiación e formas de provisión dos servizos de Atención Temperá.
Xuño 2019 - Décimo aniversario das UDIAFS
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2019/11/Revista-UDIAFS-10-anos-AGAT_Página_01-1024x724.jpg)
DÉCIMO ANIVERSARIO DAS UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ (UDIAFS)
En 2019 celebramos o décimo aniversario da creación – en xuño de 2019 – das primeiras UDIAF, nas comarcas do Deza e do Salnés. Nun acto realizado en Lalín, as coordinadoras dos equipos, Maia García, Gema Martínez e Yaiza Antelo, presentaron o documento «10 anos de investigación e atención temperá«, no que se resume o traballo asistencial e de investigación realizado polas Unidades dende a súa creación en 2009.
Marzo 2020 - Atención Temperá en tempos de confinamento
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2020/04/CONFINAMIENTO-1024x576.png)
ATENCIÓN TEMPERÁ EN TEMPOS DE CONFINAMENTO
No mes de marzo de 2020, declárase o estado de alarma pola pandemia COVID. A epidemia do coronavirus e as medidas subseguintes de distancia social e confinamento en domicilio produciron cambios substanciais para os nenos/as e as familias e para as actividades dos centros, os servizos e os profesionais de ATENCIÓN TEMPERÁ . O documento https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2020/04/ATENCIÓN-TEMPERÁ-EN-TEMPOS-DE-CONFINAMENTO-.pdf, ofrece unha panorámica destes tempos difíciles.
Xuño 2020 - Programa Intraservizos
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2020/06/Programa-intraservizos-logo-1024x777.png)
PROGRAMA INTRASERVIZOS
En 2019-2020 AGAT coa subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia inicia o PROGRAMA INTRASERVIZOS, un programa piloto proposto para facilitar aos novos servizos comunitarios da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ unha formación supervisada ao respecto dos procedementos de traballo de caso, traballo en equipo, cos nenos/as e coas familias. O programa segue unha metodoloxía reflexiva e de acompañamento dos novos equipos mediante sesións periódicas titorizadas nas que se abordan as funcións dos SATS, os roles dos coordinadores de caso e a formalización pública das actividades realizadas. Os resultados preliminares do programa, desenvolvido entre 2019 e 2020 nos SATS da Agrupacións de Abadín-Barreiros-Lourenzá-Mondoñedo-A Pastoriza-Riotorto-Trabada-, Santa Comba – A Baña e Antas de Ulla-Monterroso-Portomarín foron excelentes. Tendo continuidade en anos posteriores a actualmente noutros concellos
Outubro 2020 - Formación na escala ADBB
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2020/06/Portada-web-ESCALA-ADBB_Página_1-1024x724.jpg)
FORMACIÓN NA ESCALA ADBB
En 2020, os días 2 e 3 de Outubro, na Cidade da Cultura de Galicia, e 23-24 do mesmo mes, na EGAP, tivo lugar o primeiro curso de formación sobre «Detección precoz de indicadores de alarma na primeira infancia» na súa versión clínica e de investigación a cargo da Asociación Mundial de Saúde Mental Infantil (ASMI). Impartido por Nahir Bonifacino e que certifica na utilización da ESCALA ADBB (Alarm Distress Bebé, de Guedeney), unha escala acreditada para a detección precoz do retraimento social e o impulso de estratexias de apoio socioemocional. O curso foi posible coa financiación de programas de interés xeral para fin de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2019, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Está dirixido a profesionais da Rede Galega de Atención Temperá
Marzo 2022 - Retos de Futuro
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2022/02/Retos-de-futuro-mini-2.jpg)
RETOS DE FUTURO
O 10 de marzo tivo lugar en Madrid a presentación do libro “Retos de Futuro no coidado do desenvolvemento infantil”. Con este título, a Federación Española de Asociaciones de Profesionales de Atención Temprana- GAT, publica unha aproximación aos problemas actuais da primeira infancia e á comprensión das súas necesidades evolutivas e os seus fundamentos neurobiolóxicos e epixenéticos. Seguindo as recomendacións da OMS e UNICEF para favorecer entornos cariñosos e sensibles na crianza, o documento trata de articular unha resposta común, transversal , integral e coherente frente as situaciones de adversidade que condicionan ou limitan o desenvolvemento persoal, a socialización e as oportunidades de vida, de cada nena e cada nena.
Abril 2022 - Encontro dos SATS
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2022/04/Encontro-23-abril-2022-conclusions.jpg)
ENCONTRO DOS SATS
Na mañá do sábado 23 de abril, convocado pola AGAT tivo lugar no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela un ENCONTRO dos Servizos Comunitarios Específicos da Rede Galega de Atención Temperá – SATS. O encontro responde ao interese da AGAT por coñecer a fondo a situacións dos servizos comunitarios, a súa realidade asistencial, as posibilidades de desenvolver un servizo digno, estable e da mellor calidade para todos os nenos e nenas de Galicia e as súas familias. «Esta estabilidad e esta calidade, a igualdade de trato en toda Galicia deberia estar garantida por unha Orde que delimite funcións, dotacións e procedementos e indicadores, unha Orde de acreditación dos SATS«.
Novembro 2022 - 25 Aniversario da AGAT
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2022/11/20221126-Celebracion-25-aniversario-AGAT.-Foto-final-conxunta.jpg)
25 ANIVERSARIO DA AGAT
Pasado, presente e futuro foron os tres eixos sobre os que se vertebrou a gala celebrada no teatro cine Elma da Pobra do Caramiñal para conmemora-los vinte e cinco anos da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT). Na inauguración do acto, o presidente da entidade, Xaime Ponte, puxo en valor a Rede creada, a cal describiu como “un exemplo, un modelo para toda España” que destaca pola súa proximidade e humanidade, “que sabe escoitar, acoller e acompañar” que traballa por ser competente na ciencia da complexidade e na arte de acompañar o relato das familias e o xogo dos nenos e nenas «para conseguir troca-lo medo por confianza, a preocupación por ilusión e a soidade en desexo de comunicar e compartir»
Marzo 2023 - Inauguración UDIAF Salnés Sur
![](https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2023/03/fotos-xunta-salnes-sur-portada-1024x680.jpeg)
25 ANIVERSARIO DA AGAT
O 30 de marzo, as 11 da mañá, tivo lugar na súa sede de Avenida do Cruceiro 53, baixo 1, 36990, Vilalonga, Sanxenxo, o acto de presentación da Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Sur do Salnés (UDIAF Salnés Sur). Esta Unidade que pasará a formar parte da Rede Galega de Atención Temperá está xestionada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e subvencionada pola Consellería de Política Social e Xuventude. Conta tamén coa colaboración do Concello de Sanxenxo, que aportará unha grande parte do mobiliario e do equipamento técnico.
A nova UDIAF será pública e gratuíta. Prestará asesoramento e información ás familias e apoio ao desenvolvemento dos mais de 2000 nenos e nenas de 0 a 6 anos residentes nos concellos de Cambados, Meaño, Meis, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo. Así mesmo procurará a coordinación e colaboración cos profesionais e os recursos sociais, educativos e sanitarios que coidan ou atenden as crianzas nos citados concellos.