GaliciaNoticias

En Marea reclama mais medios para a Rede Galega de AT

20-09-2018 – En marea

En Marea insta á Xunta de Galicia a poñer en marcha unha rede integral de atención temperá á discapacidade no conxunto do territorio galego e a facilitar o traballo dos centros de atención que, a día de hoxe, están a funcionar grazas ao esforzo de concellos como o da Pobra do Caramiñal. O voceiro Luís Villares e a deputada Paula Verao achegáronse este mércores ata esta localidade do Barbanza, onde se comprometeron a levar ao Parlamento de Galicia as necesidades pendentes nesta materia.

“A Xunta de Galicia debe entender o Servizo de Atención Temperá como garante da igualdade de oportunidades para todos os nenos e nenas que precisen un reforzo na primeira etapa educativa, de 0 a 6 nos”. Son palabras da deputada de En Marea,  que reclama que o goberno galego “asuma a necesidade de pór en marcha unha rede integral” de atención temperá á discapacidade no conxunto de Galicia e facilite a prestación do servizo que, a día de hoxe, funciona fundamentalmente grazas ao compromiso dalgúns consistorios.

“Queremos parabenizar aos traballadores do CAD da Pobra. Porque 125 non é un número: son menores aos que están prestando un servizo básicos como é a educación e a inclusión social”, afirma o voceiro de En Marea.

Luís Villares denunciou a actual falta de medios e persoal suficiente no CAD da localidade, que se traduce nunha inaceptable lista de agarda. “Os menores non poden agardar, e neste momento hai 6 en lista de espera. A educación e a inclusión social non admiten lista de espera”, indica o voceiro de En Marea, que atañen reclama a implicación do goberno galego para “garantir o acompañamento dos menores durante toda a súa etapa formativa, máis aló de vaivéns orzamentarios ou de persoal”.

Villares lembrou que da axeitada dotación do CAD da Pobra depende “o futuro en igualdade do conjunto da comarca”. E é que, tal e como destaca o voceiro de En Marea, trátase dun centro que presta servizo máis aló dos límites municipais.

Máis medios para os CADs e derrogación da Lei Montoro

Así as cousas, En Marea levará ao Parlamento de Galicia 3 iniciativas “que redundarían en beneficio do conxunto da comarca”. A formación reclamará que o procedemento de transferencia de subvencións da Xunta aos Concellos funcione nos prazos regulamentarios. Pois, tal e como destaca Villares, “non pode ser que os consistorios teñan que cargar financieiramente co anticipo duns recursos dos que moitas veces non dispoñen”.

A formación tamén reclamará a simplificación dos trámites administrativos que realiza o persoal dos CADs, “para evitar que o persoal teña que perder tempo en detrimento da atención aos menores, cando cun sistema informático unificado e áxil se evitaría”.

Ademais, en Marea solicitará unha mellora dos recursos humanos dispoñibles, posto que o actual número de traballadores unidos ás necesidades asistenciais existentes redunda nunha carga de traballo “notoriamente excesiva e nun empeoramento do servizo prestado”.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

Demandan a mellora do CAD de A POBRA
Informe da AGAT sobre a situación da Rede de Atención Temperá