Cunha poboación que roza os 160.000 habitantes, a Mancomunidade forma unha área supramunicipal densamente conectada dende o punto de vista histórico, social e económico.
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol constituíuse en xuño de 1971 cos municipios de Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda aos que se incorporou o concello de Valdoviño en 1977, o de Cedeira en 2010, e finalmente o de Cabanas en 2012. Deste xeito desenvolveuse unha entidade supramunicipal que actúa como espazo de coordinación entre os representantes e técnicos municipais, e ao que progresivamente se incorporan funcións e servizos de acordo cunha perspectiva de coherencia territorial, calidade e optimización de recursos.
A Mancomunidade ten unha poboación infantil 0-6 superior aos 6000 nenos e nenas