GaliciaNoticias

20 ANIVERSARIO DA AGAT

AGAT, Asociación Galega de Atención Temperá, é unha asociación interdisciplinaria donde se agrupan os profesionais galegos vinculados coa atención aos nenos e nenas con problemas no desenvolvemento.

Constituída no ano 1997, a traxectoria de AGAT está vinculada á promoción dun modelo asistencial de calidade, biopsicosocial e próximo ás familias e aos contornos naturais de vida dos cativos.

Dende a súa constitución AGAT, tanto de forma autónoma como integrada na Federación Estatal de Asociacións de Atención Temperá,  ten participado en numerosos proxectos orientados a impulsar este modelo asistencial: Libro Branco da Atención Temperá (2000), Guía de Estándares de Calidade (2004), Recomendacións Técnicas para o Desenvolvemento da Atención Temperá (2005) , Programa A_tempo (2006-2009), Plan Integral de Apoio á Discapacidade (2010), Proxecto UDIAF(2009-), A Primeira Noticia (2011), e tantos outros, colaborando con institucións, administracións, colexios e grupos profesionais.

Ao longo deste vinte anos temos celebrado, asi mesmo, decenas de cursos e xornadas interdisciplinarias orientadas ao intercambio de información e de experiencias, ao encontro dos profesionais e a súa a actualización na extraordinaria diversidade de ámbitos e dimensións do saber que toca a Atención Temperá. Dende a xenética ao xogo, todo o que ten que ver cos procesos evolutivos dos nenos e nenas, as súas relacións, a súa inclusión social, a súa autonomía   persoal, interesa a esta actividade profesional, tan exixente e tan apaixoante.

O día 3 vivimos e compartimos unha grande emoción que nos da novas enerxias para seguir traballando nas liñas estratéxicas que nos últimos anos orientan a nosa actividade:

  • Ofrecer a todos os profesionais que traballan na Atención Temperá a posibilidade de acadar unha sólida formación especializada
  • Promover que a Rede Galega alcance a toda a poboación que necesita Atención Temperá
  • Organizar e mellorar a detección precoz evitando o reduccionismo ou etiquetaxes simplificadores
  • Poñer en primeiro plano unha cultura de participación e inclusión social.
  • Orientar a mellora das intervencións no que respecta a dinamizar actitudes nos contextos de vida das familias e dos cativos
  • Afondar nunha intervención ética e solidaria
  • Colaborar coas administracións públicas no estudo das necesidades dos nenos e nenas con problemas no desenvolvemento e as súas familias
  • Sensibilizar ás diferentes administracións sobre a importancia da coordinación, nomeadamente nos tránsitos de escenario vital
  • Facilitar a cooperación interprofesional a todos os niveis.
  • Acreditar e regularizar a calidade dos servizos.

 

[gdl_gallery title=”20 aniversario da AGAT” width=”275″ height=”190″ ]
Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

UN NOVO IMPULSO PARA A ATENCIÓN TEMPERÁ
ATENCIÓN TEMPERÁ EN CANGAS