Noticias

REANUDACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ EN MOS

4-06-2020 – prensa

A reanudación do servizo está prevista para o vindeiro 15 de xuño e o anuncio da mesma coincide coa recepción por parte do Concello da resolución favorable da concesión da subvención autonómica de preto de 100.000 euos para a prestación deste servizo municipal. A axuda concedida pola Xunta de Galicia para o Desenvolvemento deste programa durante o presente ano 2020 ascende a 99.110,70 euros e o Concello de Mos asume un 10% do custe total anual do servizo.

Esta axuda enmárcase nas subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede Galega da Aención Temperá cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

Para coordinar a reapertura de cara ao vindeiro 15 de xuño, a semana que ven comezarase a chamar por teléfono ás familias dos 46 nenos e nenas mosenses que actualmente se benefician do servizo para darlles cita.

O obxectivo deste programa municipal de Atención Temperá é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

Tags: Noticias

Outras entradas

Servicio de Atención Temprana de Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis, Moraña e Catoira
REINICIO DA ACTIVIDADE PRESENCIAL NA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ