Co inicio da Fase 3, o día 8 de xuño reanúdase a actividade presencial nos servizos da Rede Galega de Atención Temperá
Dando cumprimento ás resolucións do Goberno de España e da Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social ven de establecer a “reactivación da actividade presencial” nos servicios de Atención Temperá.
O estado de alarma provocado pola pandemia ven afectando significativamente a vida dos/as nenos/as e das súas familias, cambiando rutinas e roles, e xerando dinámicas de ansiedade e incerteza que incrementan a vulnerabilidade.
Compre dicir que durante o tempo de confinamento o conxunto da Rede Galega en colaboración coas familias, foi capaz de dar unha resposta axeitada á nova situación, adaptándose á nova realidade e buscando alternativas para manter o apoio a os/as nenos/as e as familias, ofrecéndo por vía telemática seguridade e compañia e asegurando a continuidade da atención a pesar da situación de inestabilidade laboral de moitos profesionais.
Nna última reunión celebrada polo sector por videoconferencia o pasado Martes 2 de xuño a maioría dos servizos trasladarón a impresión de que, superados estes tempos tan difíciles, faise mais necesaria que nunca retomar a actividade presencial en Atención Temperá.
A actividade presencial é imprescindible para acadar o progreso evolutivo na maioría das situacións.
En todo caso, o reinicio de actividade será progresivo e realizado coa máxima prudencia, estremando os protocolos de protección, tendo en conta o nivel de contacto exixido pola actividade terapéutica en Atención Temperá, e a conseguinte dificultade para manter as medidas de distancia e protección corporal.