TALLER AGAT: MOVEMENTOS XERAIS 21 DE SETEMBRO, SANTIAGO


ALFREDO GARCIA ALIX, Neonatólogo (HSJD, Barcelona). Fundación NeNe

JUAN ARNAEZ SOLIS,  Neonatólogo (HUBU, Burgos). Fundación NeNe

21 DE SETEMBRO – SANTIAGO

HORARIO:    9:00h  a 13:30h

Dirixido a:   Profesionais que se relacionan de forma directa con neonatos e lactantes. Do ámbito da       sanidade, dos servizos sociais ou de educación.

PRAZAS : 60, Limitadas – Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

Declaración de interese sanitario: En trámite

PROGRAMA

OBXECTIVOS:  Coñecer os movementos xerais do neonato e do lactante pequeno normais e patolóxicos.

METODOLOXÍA: O recoñecemento dos movementos realizarase a través de vídeos de pacientes cuxos pais deron o  Consentimento para realizar a gravación dos seus fillos.

COTAS:

            Ata o día 30 xuño de 2019:

  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 80 €
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 100 €
  • Cota de inscrición de non-socios/as:  120€

INSCRICIÓN

  • Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: http://www.atenciontemprana.com
  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo
  • No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
  • Na ringleira de “asunto” escribir «Inscrición Curso “ Taller de movementos xerais”
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude.
  • Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) vos confirmará da recepción da vosa solicitude e vos informará de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta:

                               C/C da AGAT ES07 2080 0553 50 3040005038 ABANCA

  • A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.

Condicións de uso, pago, cancelación e devolución dos cursos

A Organización resérvase o dereito de suprimir e/ou modificar datas e lugares en caso de non contar cun mínimo de participantes. Nestes casos notificarase aos participantes con anticipación, devolvéndolles, así mesmo, integramente o diñeiro da inscrición abonada. En caso de cancelación da inscrición esta será devolta na súa totalidade se se realiza 30 días antes do inicio do curso cunha penalización de 5 euros por gastos de xestión e administrativos. Se a renuncia realízase entre os últimos 30 días antes do curso non se reembolsará a inscrición. . En caso de suspensión do curso ou modificación de datas, outorgarase un reembolso completo ou unha nova inscrición noutro curso de idénticas características.

Anulación ou modificación de cursos por parte do Organizador

A Organización resérvase o dereito de suprimir e/ou modificar datas e lugares en caso de non contar cun mínimo de participantes. Nestes casos notificarase aos participantes con anticipación, devolvéndolles, así mesmo, integramente o diñeiro da inscrición abonada ou unha nova inscrición noutro curso de idénticas características ou diferente prezo devolvendo a diferenza se o prezo é inferior ou solicitando a diferenza se o prezo é superior.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

atenciontemprana@atenciontemprana.com                     

agat@atenciontemprana.com