Sin categoría

NOVIDADES NOS RELATORES DO CURSO DE PRIMEIRA ALIANZA

25/04/2024

En relación co curso de formación de PRIMEIRA ALIANZA, comunicaros que as/os relatores serán

Carlos Pitillas Salvá:

Doctor en Psicología.

Investigador en el Instituto Universitario de la Familia.

Especialista en Psicología Clínica Infanto-juvenil e intervención familiar

Coordinador del Proyecto Primera Alianza

  Ana Berástegui Pedro-Viejo:

Doctora en Psicología

Especialista en intervención Psicológica en el campo de exclusión

Investigadora en el Instituto Universitario de la Familia

 

 

PRIMEIRA ALIANZA:

PROGRAMA PARA O FORTALECEMENTO

DOS VINCULOS TEMPERÁS

 

6 e 7 de Xuño de 2024

EGAP (Santiago de Compostela)

 

Formación organizada e coordinada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT).

Financiación de programas de interese xeral para fin de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2022, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Impartida polo equipo Primera Alianza. Instituto Universitario de la Familia. Universidade Pontificia de Comillas.

Dirixida aos profesionais da Rede Galega  de Atención Temperá.

CONTEXTUALIZACIÓN:

A seguridade nas relacións afectivas temperás promove a saúde mental das  crianzas e un mellor desenvolvemento. Adquirir as ferramentas de traballo necesarias para mellorar o vínculo entre pais/nais, e fillos/as, promover o desenvolvemento de capacidades parentais e aumentar a seguridade nas relacións, supón un importante factor de protección fronte ás adversidades futuras.

Primeira Alianza é un programa de intervención familiar, baseado na teoría do apego, cuxo obxectivo é fortalecer e/ou reparar a relación de apego entre menores de
1 a 6 anos e os seus coidadores primarios. O programa está deseñado especialmente para a súa utilización con familias onde existe un risco psicosocial que afecta á calidade da vinculación temperá. A súa metodoloxía convérteo nun programa baseado na experiencia, sinxelo de aplicar, e xerador de transformacións internas nos coidadores.

OBXECTIVOS:

  1. Capacitar ás participantes na avaliación das interaccións neno/a‐ coidador/a.
  2. Capacitar ás participantes na avaliación das representacións parentais que guían as prácticas de crianza.
  3. Capacitar ás participantes para o uso de videofeedback con pais e nais
  4. Capacitar ás participantes para o diálogo centrado no vínculo e o 
manexo terapéutico dos grupos de pais e nais.

CONTIDOS:

  • Primeira Alianza a vista de paxaro: que, para que serve, como se fai, con quen se fai, etc.
  • Avaliación da relación temperá (I): A lectura da Interacción
  • Avaliación da relación temperá (II): A lectura das representacións
  • Formulación de caso
  • Principios básicos da prevención familiar
  • Primeira Alianza: encadre e fases
  • Manexo terapéutico dos grupos
  • Construción de secuencias de videofeedback
  • Estratexias de intervención

 

 

HORAS DE FORMACIÓN: 15

DATAS E HORARIO:

6/06/24: de 09:00h-19:00h

7/06/24: de 09:00h-18:00h

RELATORES:

  • Ana Berástegui Pedro-Viejo: Doutora en Psicoloxía. Especialista en intervención Psicolóxica no campo de exclusión. Investigadora no Instituto Universitario da Familia.
  • Carlos Pitillas Salvá: Doutor en Psicoloxía. Investigador mo Instituto Universitario da Familia. Especialista en Psicoloxía Clínica Infanto-xuvenil e Intervención Familiar. Coordinador do Proxecto Primeira Alianza.

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PARTICIPANTES

NUMERO DE PRAZAS: 24

Formación gratuíta previa selección, baremación e distribución das prazas. Prégase non concorrer se non se compren os requisitos mínimos.

REQUISITOS MÍNIMOS PARA OPTAR Á SELECCIÓN:

  1. Estar en posesión dunha titulación de grao esixible para traballar en Atención Temperá: psicoloxía, logopedia, pedagoxía, maxisterio, fisioterapia, terapia ocupacional, educación social, traballo social, etc.

 

  1. Estar traballando na actualidade na Rede Galega de Atención Temperá (RGAT)

 

  1. Contar cunha experiencia mínima de 1 ano traballado na Rede Galega de Atención Temperá (RGAT)

 

SELECCIÓN DAS CANDIDATAS:

Realizarase partindo dunha primeira listaxe por rigoroso orde de inscrición, seleccionando 1 participante por unidade/servizo diferente, de tal xeito que se consiga a participación do maior número de unidades/servizos da RGAT, ata cubrir o total de prazas.

CERTIFICACIÓN DO CURSO:

Imprescindible unha asistencia superior ao 75% das horas presenciais.

PRAZOS:

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA:  15 de abril de 2024

PRAZO DE ADMISIÓN DE SOLICITUDES: 22 de abril de 2024 – 10 de maio de 2024

  1. Solicitude a través do correo electrónico formacion@atenciontemprana.com
  • Asunto: Curso “Primeira Alianza”.
  • No apartado mensaxe:
  • Nome e apelidos
  • Perfil profesional
  • SAT no que está traballando actualmente.
  • Adxuntar Certificado do tempo traballado na Rede Galega de Atención Temperá pola entidade correspondente.

COMUNICACIÓN DE SELECCIONADOS: 20 de maio de 2024

A comprobación de requisitos, listaxes e resolucións será realizada pola comisión de formación da AGAT.

Prégase compromiso en firme de asistencia, tendo en conta o carácter gratuíto e excepcional da formación.

 

 

 

 

 

Tags: Sin categoría

Outras entradas

TRABAJAR JUNTOS POR EL DESARROLLO INFANTIL Y LA ATENCIÓN TEMPRANA