22-03-2018 AVISO: CURSO COMPLETO
Adxuntamos información do novo curso de formación convocado pola AGAT
PROGRAMA RELACION CON LAS FAMILIAS
CURSO DE FORMACIÓN
“ A relación coas familias: construíndo equipo para traballar a autonomía de nenos e nenas”
14 de abril de 2018
EGAP – Santiago de Compostela – Aula 5
O Centro “Marie Langer”, especializado en intervención comunitaria, atende as necesidades da poboación, promovendo unha mirada crítica constante sobre o modo de vida, e favorecendo o desenvolvemento do protagonismo persoal-social e a acción participativa para a resolución de conflitos da vida cotiá.
A Metodoloxía dos Procesos Correctores Comunitarios ( ProCC) , de autoría de Mirtha Cucco García, e froito dunha rigorosa investigación científica desenvolvida en diferentes lugares de Latinoamérica e España desde fai máis de trinta anos, brinda achegas teórico- metodolóxicas contrastadas e eficaces para a devandita intervención.
Desde a Casa Central do Centro de Desenvolvemento de Saúde Comunitaria “Marie Langer” derívanse múltiples desenvolvementos nacionais e internacionais que permiten elaborar as estratexias que garanten o rigor de Metodoloxía ProCC
CURSO DE FORMACIÓN
PROGRAMA
OBXECTIVOS:
. Reflexionar sobre o proceso de construción da autonomía como un proceso integral no desenvolvemento humano e na implicación da conexión no mundo adulto.
. Traballar con algunhas ferramentas para optimizar a relación coas familias das crianzas que asisten á Atención Temperá.
. Coñecer algunhas nocións básicas da concepción da Metodoloxía ProCC.
CONTIDOS:
. Introdución á Metodoloxía ProCC: vida cotiá e Normalidade Suposta Saúde. O proceso de construción da autonomía: desprendemento, lugar, ambivalencia, dolor, límites, autoridades e lugar dos adultos.
. Algunhas claves para a elaboración da situación de necesidades especiais en Atención Temperá.
. Ferramentas para favorecer a relación entre familias e profesionais: posición, distancia operativa, análise das contradicións.
RELATOR:
O relator será Alfredo Waisblat, psicólogo , Especialista en metodoloxía ProCC, membro do Equipo Docente e membro do Equipo de Dirección do Centro Marie Langer- Sede Madrid.
LUGAR:
EGAP (Escola Galega de Administración Pública)
Santiago de Compostela
DATA:
Sábado 14 de abril de 2018
HORARIO:
9:00 – 14:00 h
PRAZAS :
Limitadas – 30 prazas. Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición
COTAS:
Ata o día 25 de marzo:
- Cota de inscrición socios/as AGAT: 40€
- Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 60 E
- Cota de inscrición de non-socios/as: 50€
Ata o día 8 de abril:
- Cota de inscrición socios/as AGAT: 50€
- Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 70 €
- Cota de inscrición de non-socios/as: 60 €
INSCRICIÓN
- Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: http://www.atenciontemprana.com
- Cubrir o formulario poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo
- No apartado “e-mail” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
- Na ringleira de “asunto” escribir “Inscrición Curso “A relación coas familias”
- E no apartado de “Mensaxe”, especificade se sodes “Socios”/”Non socios”
- Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
- Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude.
- Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) vos confirmará da recepción da vosa solicitude e vos informará de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta:
C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
- A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:
atenciontemprana@atenciontemprana.com
agat@atenciontemprana.com
Tlfno. 698 124 611
http://www.atenciontemprana.com