Formación e cursosNoticias

CURSO DE FORMACIÓN “DETECCIÓN PRECOZ DE INDICADORES DE ALARMA NA PRIMEIRA INFANCIA”

Os vindeiros 2 e 3 de Outubro, na Cidade da Cultura de Galicia, e 23-24 do mesmo mes, na EGAP, terá lugar o curso de formación sobre “Detección precoz de indicadores de alarma na primeira infancia” na súa versión clínica e de investigación a cargo da Asociación Mundial de Saúde Mental Infantil (ASMI). E que certifica na utilización da ESCALA ADBB (Alarm Distress Bebé, de Guedeney)

O curso conta coa financiación de programas de interés xeral para fin de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2019, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Está dirixido a profesionais da Rede Galega de Atención Temperá

Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

“Canto máis axiña se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención temperá poden ser mellores”
SAT PARA PADRÓN, ROIS E DODRO