GaliciaNoticias

ACTUALIZACIÓN E AMPLIACIÓN DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA SERVIZOS COMUNITARIOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ

21-06-2023

En data 31 de outubro de 2022, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 207 a Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia
para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo programa FSE Galicia 2021-2027, e realízase a súa convocatoria (código de procedemento BS700A)

O custo unitario por hora estimado en función dos custos subvencionables será o seguinte segundo o grupo de categoría
de persoal laboral ao que se equipare cada un dos profesionais integrantes do equipo:
a) Profesionais equiparables ao grupo I: 19,83 €.
b) Profesionais equiparables ao grupo II: 17,41 €.

Ao custo unitario engadirase un 35% en concepto dos outros custos directos e os indirectos necesarios para o desenvolvemento da prestación

Para o incremento do financiamento da modificación desta convocatoria destínase un importe total dun millón cento oitenta e nove mil novecentos trinta e nove euros con noventa e seis céntimos (1.189.939,96 €)

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

16 DE XUÑO – MÁIS ATENCIÓN – MÁIS TEMPERÁ
24 DE XUÑO: SEMINARIO SOBRE PSICOMOTRICIDADE NA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA