5-04-2024
O pasado venres 5 tivo lugar unha entrevista entre a Federacion Española de Asociaciós de Profesionais da Atención Temperá con representantes do Ministerio de Dereitos Sociais e Consumo. Por parte da Federación, participaron o Presidente Íñigo Bermejo, Gemma García e Jaime Ponte, vocais da Xunta Directiva. Polo Ministerio asistiron o Director Xeral de Discapacidade Jesús Martín e Berta González, asesora do Ministerio.
A reunión tiña por obxecto presentar por parte da Federación diversas propostas en relación co Proxecto de Lei de Familias, actualmente en trámite parlamentario. O enfoque comunitario da citada Lei ou o recoñecemento do carácter interdepartamental da Atención Temperá foron algúns dos temas tratados.