Formación e cursosNoticias

XORNADA TÉCNICA INTERDISCIPLINARIA. ENCONTRO EN SANTIAGO

Mais de 100 profesionais do ámbito 0-6, dos servizos de Atención Temperá, escolas infantís, centros de saúde e servizos sociais, reuníronse onte en Santiago na Xornada Técnica Interdisciplinaria organizada pola AGAT con motivo do 10 aniversario da creación das UDIAF

A mesa inagural da Xornada. Jose Luis Peña, Sinda Blanco, Ildefonso de la Campa, Natividad Diaz, e Jaime Ponte

Na presentación, Jaime Ponte, Presidente da AGAT, expuxo a necesidade de facer dos servizos comunitarios de proximidade o eixo das políticas de apoio as familias cando teñen que afrontar situacións adversas ou problemáticas na crianza. E recordou o traballo feito para fundamentar a Rede Galega de Atención Temperá cuxa síntese recóllese na publicación “UDIAFS. 10 ANOS DE INVESTIGACIÓN E ATENCIÓN TEMPERÁ”.

Jaime Ponte, Presidente AGAT, na presentación do documento “UDIAFS. 10 anos de investigación e atención temperá”, no auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura

Pola súa parte Ildefonso de la Campa, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, fixo referencia ao cambio de paradigma que supuxo o Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega, dando conta de que actualmente alcanza xa 92 concellos, o 30% da extensión territorial de Galicia, o que significa que se multiplicou por seis nos últimos anos.

No acto inaugural, participaron tamén representantes das Consellerías de Educación e Sanidade, que xunto coa Consellería de Política Social, conforman o Consello Autonómico de Atención Temperá, así como o Presidente da Federación Española de Asociacións de Atención Temperá, Jose Luis Peña Segura.

Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

FAMILIAS, RECURSOS COMUNITARIOS E UDIAFS. ENCONTRO EN LALÍN
28 NOVEMBRO 2019: IMAXES DO ENCONTRO EN LALÍN