GaliciaNoticias

XORNADA DE AVALIACIÓN DAS UDIAFS DO DEZA, SALNES E BERGANTIÑOS – 345 NENOS/AS E FAMILIAS ATENDIDAS NO SEGUNDO ANO DA PANDEMIA

Onte día 9 de febreiro, tivo lugar a sesión de avaliación anual da actividade realizada en 2021polas UDIAF do Deza, Salnés e Bergantiños, servizos comunitarios específicos da Rede Galega de Atención Temperá que xestiona a AGAT e financia ao 100% a Consellería de Política Social

345 nenos/as e familias atendidas no 2022

101 nenos/as e familias no Deza, 113 en Bergantiños e 129 no Salnés foron atendidas no ano 2022 a pesar da situación de pandemia

Colaboración e coordinación con 200 entidades

Dentro das actividades de sensibilización, prevención e atención á contorna de cada caso as UDIAF realizaron actividades de colaboración e coordinación con 200 entidades das respectivas comarcas (55 no Deza, 66 no Salnés e 79 en Bergantiños)

Excelente avaliación das familias nas tres unidades

Satisfacción das familias coa UDIAF Bergantiños 2022
Satisfacción das familias coa UDIAF Salnés -2022
Satisfacccion das familias coa UDIAF Deza – 2022

Preocupación pola insuficiencia de medios

Os profesionais manifestaron tamén a súa preocupación pola insuficiencia de medios actuais para atender a demanda existente, de forma particular nas Comarcas de Bergantiños (66.840 hab), Salnés (109.540) e Deza (40.014) , tendo en conta que os 3 equipos dispoñen do mesmo número de profesionais. Esta situación está a producir lista de espera e unha demora excesiva nos tempos de atención nas comarcas con mais poboación, Salnés e Bergantiños.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

A NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS AOS CONCELLOS PARA SERVIZOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ INCORPORA IMPORTANTES NOVIDADES
SEGUNDA EDICIÓN DO CURSO “O NENO EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE”