O Día da Atención Temperá celebrouse por vez primeira, coa instalación dunha una mesa informativa e un acto simbólico, lúdico e reivindicativo, na praza do Toural, convocado pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT). A entidade aproveitou a para reclamar un pacto por la infancia que favoreza incrementar os servicios existentes na comunidade, e aproximar a atención ás familas e as súas necesidades dende o respecto e o apoio ás súas rutinas de vida, aos intereses laborais dos pais e a integración educativa das crianzas. A Federación Española de Asociaciones de Profesionais estima, baseándose en estudios científicos e na propia demanda esperimentada, que ao redor dun 10 % da poboación infantil deberia acceder a servizos de Atención Temperá. Servizos de calidade para a compañar a ese 10% de familias e crianzas que atopan circunstancias de especial adversidades na etapa mais decisiva da vida, a primeira infancia.
Os servizos de Atención Temperá son servizos imprescindibles para transformar as situacións de adversidade en oportunidades para un futuro mellor.
AGAT reivindica unha atención temperá de carácter público, universal, como servicio preventivo e asistencial. Defienden además que sea accesible, gratuita, descentralizada e situada na proximidade do lugar donde residen as familias e menores que a precisan. Proponen además que sea una atención comunitaria, interrelacionada, que inclúa os ámbitos da sanidade, a educación e os servizos sociais, interdisciplinar, participativa, e con dispositivos que realicen todo el circuito de atención.
A pesar dos avances observados na atención temperá nos últimos 20 anos hai diferencias importantes en esta asistencia, tanto en Galicia como en España. Consideran que debe haber un modelo común que garantice os principios da prestación e de actuación, as condicións para acreditar os servizos, indicadores de avaliación e financiación regular e suficiente.
Non hai investimento mais rendible e con máis retorno que o investimento en Atención á primeira infancia. 13 € de retorno por cada 1 € investido
AGAT entende, a partir do estudo comparativo con outras comunidades e dos datos de Galicia, que polo menos sería necesaria unha inversión de 10 millóns de euros épara que REDE GALEGA poida empezar a considerarse unha rede de calidade, e situarse ao nivel doutras CC.AA. Unha inversión que ten un retorno medio de 13 euros por euro invertido