GaliciaNoticias

SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA SATS 2024-2026

No mes en curso os concellos galegos recibiron as subvencións para servizos de atención temperá (SATS) correspondentes ao período 2024-2026

Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade pola que se finaliza o procedemento de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma
de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia
2021-2027, e se procede a súa convocatoria (código de procedemento BS700A).

https://atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2024/10/Cadro-de-subvencions-2024-2026.pdf

Trátase de 47 servizos, con 6 novos SATS: 1) Rianxo, 2) Poio, 3) Gondomar, 4) Rois, Padrón, Dodro, Valga e Pontecesures, 5) Miño, Pontedeume,e Vilarmaior, 6)Pobra de Trives e San Xoan de Río

A subvención permite a incorporación de 189 profesionais e a realización dun total de 542.067,72 horas de traballo no conxunto de tempo de cobertura

A subvención supón 1.129.675,05 € en 2024, 6.006.007,96 € en 2025 e  7.282.562,02 € en 2026

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

ATENCIÓN TEMPERÁ EN ESPAÑA. INFORME AUTONÓMICO. GAT 2023
A DIRECTORA XERAL DE DISCAPACIDADE CLAUSURA O CURSO “TRABALLO CON FAMILIAS”