Santiago 1-06-2023
O xoves 1 de xuño, tivo lugar en Santiago, na Escola Galega de Administración Pública, o seminario anual conxunto sobre traballo de caso das Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Salnés Norte, Salnés Sur, Deza e Bergantiños.
Deste xeito, reanudáronse as sesións de presentación de casos que quedaran suspendidas con motivo da recente pandemia e que viñan celebrándose dende o ano 2010.
Asistiu á reunión Jaime Ponte, Presidente da AGAT e coordinador técnico das UDIAF. Na súa intervención suliñou a susbtancial mellora do convenio coa Direccion Xeral de Discapacidade da Consellería de Política Social e Xuventude. Mellora que ten permitido crear unha nova UDIAF para o territorio do Salnés Sur e reforzar as plantillas de todas as UDIAF. Pola súa parte, antes do comezo do seminario de casos, as coordinadoras dos equipos, Gema Martínez, Eva Fernández, Maia García e Yaiza Antelo, presentaron a situación de cada Unidade e diferentes iniciativas de reforzo asistencial.
