Noticias

SEGUNDA EDICIÓN DO CURSO “O NENO EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE”

O 14 de febreiro as 9 da mañá comezou a segunda edición do curso «O NENO EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE», para os profesionais da Rede Galega de Atención Temperá.

O curso está organizado pola AGAT e financiado ao 100% pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro do PROGRAMA DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS BÁSICAS que se está a desenvolver en 2021 e 2022.

Esta primeira edición ten 20 horas de duración e se celebra nas magnificas instalacións do CEGADI, en Santiago de Compostela, dende o 14 ata o mércores 16. Asisten 18 profesionais de diferentes servizos da Rede

O curso está dirixido por Milagros Lorenzo Méndez, Psicóloga Clínica e Psicomotricista do Centro Medrando Xuntos.

Tags: Noticias

Outras entradas

XORNADA DE AVALIACIÓN DAS UDIAFS DO DEZA, SALNES E BERGANTIÑOS – 345 NENOS/AS E FAMILIAS ATENDIDAS NO SEGUNDO ANO DA PANDEMIA
FINALIZA A SEGUNDA EDICIÓN DO CURSO “O NENO EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE”