Noticias

SAT EN MUXIA, VIMIANZO E CAMARIÑAS

que pasa na costa | 18 de setembro de 2019


Alcaldesas e técnicas de Servizos sociais de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Alcaldesas e técnicas de Servizos sociais de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Cada vez hai máis casos de nenos e nenas, de entre 0 a 6 anos, con casos de TEA, Síndrome de Down, parálise, etc… Unha realidade que notan as oficinas de Servizos Sociais da comarca. Unha das accións que valoran é a posta en marcha dun Centro de Atención Temperá compartido, que poida servir para que as crianzas desenvolvan as súas habilidades para ter unha vida autónoma e integrada na sociedade.

Así o valoraron as rexedoras e as técnicas, trala reunión celebrada este martes. Actualmente, o centro que os nenos e nenas destes tres municipios teñen máis preto e ofrece este tipo de servizos é o Hospital Materno da Coruña, xa que en Carballo existe un Centro de Atención Temperá pero é mancomunado e só poden ser usuarios os empadroados nestes concellos.

A primeira reunión deixou patente a boa predisposición dos tres concellos, para poñerse como obxectivo o ano que vén. Primeiro tocará falar coa Consellería de Política Social para contar co seu compromiso e con posibles subvencións.

Tags: Noticias

Outras entradas

PRESENTACIÓN DO SAT DA MANCOMUNIDADE DE FERROL
REUNIÓN SOBRE APLICACIÓN INFORMÁTICA DA REDE GALEGA