GaliciaNoticias

Ronda de contactos institucionais da AGAT

En cumprimento dos acordos da Xunta Directiva celebrada o 22 de setembro de 2018, unha delegación da AGAT, da que forman parte a súa Presidenta, Teresa Busto, e o seu Vicepresidente, Jaime Ponte, iniciaron a semana pasada unha ronda de contactos con institucións e grupos parlamentarios co obxecto de procurar:

  • Un plan de consolidación e de extensión da REDE GALEGA de Atención Temperá  baseado nas necesidades dos nenos e das familias e feito con evidencias e criterios profesionais
  • Un sistema estable de financiación con fondos propios
  • Unha valoración da actividade profesional acorde co nivel de formación esixido para desenvolver as tarefas propias da Atención Temperá.

 

A cobertura actual da Rede comunitaria de Atención Temperá non chega nin ao 20% (18%) da poboación infantil galega de 0 a 6 anos.

O investimento en Atención Temperá (1.715.000 €) é moi insuficiente, un dos mais baixos de toda España, lonxe de autonomías como Cataluña (40.000.000 €) ou Andalucía (28.800.000 €). Galicia precisaría un investimento triple do que está a facer agora para aproximarse a media estatal.

Pero, ademáis, o investimento de Galicia é dos máis ineficientes. Nas Ordes de subvencións e nas cuantías dos convenios, non se está a ter en conta o análise de necesidades e recursos realizado pola AGAT e polas asociacións profesionais.

A consecuencia ten sido, na Orde de 2016, o establecemento dun sistema hiperburocrático de solicitude e de acreditación que obrigou a moitos equipos a reconvertir moitas horas de asistencia en horas de xestión. E que tivo un efecto disuasorio sobre moitos concellos, que xa non fixeron nin a solicitude.

A continuación, na Orde de 2018, modificáronse os criterios de acceso, dando lugar a creación arbitraria e descompensada de recursos. Así, a día de hoxe, contemplamos o absurdo de que se dote cos mesmos medios a concellos que suman mais de 5000 nenos (Salnés) e a concellos que non chegan nin a 100 (Antas de Ulla-Portomarín).

Para realizar axeitadamente as súas funcións, nas que a relación coas familias e as sinerxias cos recursos da área é fundamental, unha Rede de Atención Temperá ten que ser un sistema preventivo-asistencial estable, que non pode depender de axudas, subvencións ou convenios puntuais, nin poñer aos profesionais en situación de precariedade.

Asemade, é necesario darlle o seu xusto valor a un traballo profesional tan complexo como é a Atención Temperá, no que se esixe (Decreto 183/2013) especialización de posgrao. Non ten sentido que a propia carteira de servizos da dependencia de Galicia valore as prestacións especializadas a 33 €/hora e se pretenda pagar a Atención Temperá a menos de 20 €/hora.  Unha cuantía que é tamén a máis baixa de toda España (Pais Vasco=41,80; Aragón=38,7; etc.).

 

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

Galicia

NOVA PÁXINA WEB DAS UDIAF

As Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar estrean páxina web: https://udiaf.com/ As UDIAF (Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar) son dispositivos interdisciplinarios…
Inicio do Máster en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá
Iniciativas sobre Atención Temperá no Parlamento de Galicia