GaliciaNoticias

REUNIÓN SOBRE APLICACIÓN INFORMÁTICA DA REDE GALEGA

O pasado 24 de setembro, fumos convocados na Consellería de Política Social a unha reunión para tratar sobre a mellora da actual aplicación informática, mellora que vimos reclamando nos últimos meses. Na reunión estaban presentes, ademais, representantes da Axencia de  Modernización Tecnolóxica, AMTEGA, e da empresa INDRA.

Por parte da representación da AGAT expuxemos a nosa preocupación pola disfuncionalidade da citada aplicación, e as perdas de tempo de implica, propoñendo un conxunto de cambios e melloras e urxindo a implementación urxente dunha axenda de equipo e un xestor de eventos, así como unha funcioanalidade de exportación de datos, o que na nosa opinión solucionaria a meirande parte das dificultades actuais

Por parte de INDRA expúxose que a implementación da aplicación tal e como a queremos os profesionais aínda levaría tempo.

Por parte da administración reiterouse a vontade de unificar cara ao futuro a aplicación que actualmente utilizan as UDIAF e que funciona a plena satisfacción dos profesionais con esta nova aplicación, xustificando en parte as disfuncións na prioridade de dar conta das horas de traballo e actividades realizadas cara ao FSE.

Para resumir a reunión, a Consellería plantexou:

  1. que, ante os problemas que da a aplicación, remitirá instruccións en breve aos servizos pra SIMPLIFICAR a recollida de datos cara a xustificación da subvención.
  2. que van chamar a todos os servizos proximamente a unha reunión de FORMACIÓN pra explicar esos temas e poñelos en común (convocada o día 9)
  3. que procurarán que a aplicación sexa FUNCIONAL a finais de ano
Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

SAT EN MUXIA, VIMIANZO E CAMARIÑAS
30 NOVEMBRO – XORNADA TÉCNICA INTERDISCIPLINARIA