O pasado martes día 1 de decembro tivo lugar unha reunión da Xunta Directiva da AGAT co Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela. En representación da AGAT asistiron Raquel Boquete e Jaime Ponte
O motivo da reunión foi facer entrega á FEGAMP do traballo do PLAN DE CALIDADE elaborado pola AGAT para a mellora da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ
O documento presentado pola AGAT, analiza a situación da REDE, a necesidade de incrementar a inversión de forma susbstancial e de extendela REDE a toda Galicia (actualmente chega tan só a 126 dos 315 concellos).
No tocante ás propostas, AGAT explicou a transcendencia de conformar os equipos con criterios profesionais:
1 – Regular as súas dimensións en función da poboación diana
2 – Desenvolver unha orde de acreditación
3 – Facilitar a concertación social e a estabilidade dos equipos, evitando a contratación inestable e o sistema de subvencións anuais.