21-06-2022
A pasada semana tiveron lugar as obras de remodelación da sala de psicomotricidade da UDIAF BERGANTIÑOS, na rúa Ambulatorio de Carballo. As obras, que permiten poñer mais espazo e mais recursos técnicos e de xogo a disposición dos nenos e nenas que acuden á UDIAF, foron realizadas e financiadas polo Concello de Carballo, propietario deste local que utiiza en réxime de cesión de uso a Asociación Galega de Atención Temperá.
A UDIAF BERGANTIÑOS é un servizo social comunitario específico da Rede Galega de Atención Temperá, estando financiado ao 100% pola Consellería de Política Social.
O actual equipo da UDIAF formado por tres profesionais atende un promedio de 120 nenos e nenas cada ano. Para o 2023 está en estudio a posibilidade de ampliar o equipo para dar solución a actual lista de espera.

