GaliciaNoticias

A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

TERESA -XORNADAS 2Teresa Busto: “Hai moitos anos que traballamos para que haxa una rede galega, e unificar a asistencia”.

O consello xenético que se ofrece a algunhas familias cando esperan un fillo xa é atención temperá, que así pode comezar mesmo antes do parto, afirma Teresa Busto, presidenta da Asociación Galega de Atención Temperá. Pedagoga, exerce en Noia, e organizou unhas xornadas ás que asistiron este fin de semana en Compostela 300 profesionais.

-O lema das xornadas é «Semente de futuro», ¿que significa?

-Dúas cousas: primeiro, que a atención temperá é unha etapa na vida do ser humano moi importante, porque o desenvolvemento acontece a unha velocidade tremenda, e todo o que se faga nesa etapa vai marcar moito o futuro, por iso hai que sementar para que o futuro sexa bo; e tamén nos referimos ao decreto do ano pasado, para nós unha nova semente, que vai marcar o futuro da atención temperá en Galicia.

-¿Como é a situación da atención temperá na nosa comunidade?

-Moitos nenos que a necesitan non a teñen. Porque moitas zonas do país, sobre todo en Lugo e Ourense, teñen poucos recursos ou residen lonxe dos que se lles ofrecen. Hai moita desigualdade.

-A conselleira de Benestar anunciou a constitución dunha rede galega, ¿como influirá?

-Fundamos a nosa asociación en 1997, e hai moitos anos que traballamos para que haxa unha rede galega e unificar a asistencia de atención temperá. Porque hai moita disparidade: desde centros hospitalarios con máis de 20 profesionais a unidades con un só, cando é preciso un equipo mínimo de tres profesionais diferentes, como así está regulado.

-¿Que outras aspiracións teñen como colectivo?

-Conseguir servizos que sexan de proximidade, e que se faga traballo comunitario. A atención temperá ten que ser coa familia e coa escola, facilitar a normalidade da vida do neno desde un entorno próximo, e era difícil cun modelo moi hospitalario.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

VI Jornadas Interdisciplinarias del GAT
NOVO PROTOCOLO DE COORDINACIÓN, INTERVENCIÓN E DERIVACIÓN