AGAT é unha asociación interdisciplinaria constituida por profesionais galegos que traballan con nenos e nenas, con discapacidades, e coas súas familias, no territorio da nosa Comunidade Autónoma.
AGAT está integrada por profesionais galegas e galegos procedentes das distintas disciplinas implicadas na Atención Temperá tanto no campo Sanitario como no Psicosocial e Educativo: Psicólogos/as, Pediatras, Neuropediatras, Fisioterapeutas, Foniatras, Rehabilitadores/as Infantís, Terapeutas Ocupacionais, Logopedas, Pedagogos/as, Profesorado de Educación Especial, Traballadores/as Sociais, Psicomotricistas, etc.
XUNTA DIRECTIVA DA AGAT 2019-2022
Elixida na Asemblea Extraordinaria celebrada o día 11 de maio de 2019

- Jaime Ponte, Presidente
- Rocío García, Vicepresidenta
- Mónica Romero, Secretaria
- Patricia Míguez, Tesoreira
- Raquel Boquete, Vocal
- Teresa Busto, Vocal
- Beatriz Díaz, Vocal
- Ana Fernández, Vocal
- Maia García, Vocal
- Gema Martínez, Vocal
- Gladys Lorenzo, Vocal