O BOE/BOE do 25-02-2025 publica a Resolución do 13 de febreiro de 2025, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, do 31 de xaneiro de 2025, polo que se establece o «Consenso Estatal para a Mellora da Atención Temperá. Despregamento da Folla de Roteiro: obxectivos, medidas e estándares xenerais de calidade».
O documento estrutúrase en 9 liñas de acción con obxectivos, medidas para a súa consecución e o establecemento de 36 estándares de calidade e indicadores dos mesmos para avaliar a súa implantación. Do mesmo xeito que a folla de roteiro este documento realizouse no marco do Grupo Técnico de Atención Temperá, coa participación das Comunidades e Cidades Autónomas, como administracións competentes na materia, axentes crave da sociedade civil da infancia, a discapacidade, e foi coordinado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, o Ministerio de Sanidade, o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e o Ministerio de Mocidade e Infancia.
Líñas de acción nas que se estrutura o documento:
Liña 1. Planificación, estruturación, organización e financiamento da atención temperá.
Liña 2. Mellorar a calidade das actuacións e servizos de atención temperá.
Liña 3. Implementar sistemas eficaces de coordinación interadministrativa.
Liña 4. Implementar procesos eficaces de colaboración e participación activa das familias.
Liña 5. Promoción da prevención primaria.
Liña 6. Facilitar o acceso á atención temperá en condicións de igualdade e calidade para todos os nenos e as nenas.
Liña 7. Garantir a valoración e intervención integral.
Liña 8. Equipos profesionais e formación continua de profesionais implicados na atención temperá.
Liña 9. Optimizar os sistemas de información e rexistro.
Cada líña de acción está organizada en MEDIDAS, ESTÁNDARES DE CALIDADE E INDICADORES para facilitar o proceso de implementación, desenvolvemento e avaliación das REDES AUTONÓMICAS DE ATENCIÓN TEMPERÁ
No vindeiro XV CONGRESO da Federación (A Coruña) poderemos coñecer os puntos chave deste acordo
PDF do acordo
ACUERDO-ATENCION-TEMPRANA-BOE-A-2025-3770]