SUBVENCIÓN DE CONSOLIDACIÓN DE 13 SAT EXISTENTES E PROMOCIÓN DE 10 NOVAS UNIDADES
A Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, destinaba un crédito de 1.633.953,00 € en dous programas: 1.120.983,60 €. no programa I de consolidación e 512.969,40 €. no programa II de novas Unidades. As axudas concedidas suman 1.020.304,70 para o programa I e 161,551,84 no programa II. Quedando sen executar 452.098 €