- Este Máster semipresencial é un titulo propio da UDC que ofrece unha formación de posgrao orientada a que todos os que traballan no espazo profesional de 0 a 6 anos, sexa desde o campo educativo, social ou sanitario, poidan adquirir unha comprensión integral do desenvolvemento infantil e da súa diversidade, dotándoos de criterios, recursos e técnicas para a análise das situacións evolutivas e a intervención co neno, a familia e as redes sociais.
- Ademais, póñense as bases para poder iniciar un percorrido profesional como especialista en Atención Temperá, ou para renovar e actualizar os criterios fundamentais para o seu exercicio.
- Baséase nunha perspectiva integral e biopsicosocial, centrada na actividade situada e na relación entre o neno/a e os seus contextos de vida, incluíndo á familia, á escola, e á comunidade.
- Conta coa participación de docentes e profesionais acreditados por unha longa experiencia, ten un enfoque operativo e se complementa con 100 horas de prácticas en servizos ou centros
Pendente de renovación en Consello de Goberno da UDC, o prazo de inscrición e matrícula comezará a continuación
Recomendado e en colaboración coa Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)