Noticias

PRESENTAN A PRIMEIRA VERSIÓN DA APLICACIÓN INFORMATICA PARA A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Santiago  29-11-2018

Convocadas pola Subdirección Xeral de Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia, reuníronse onte no Edificio administrativo de San Caetano representantes das 16 unidades de atención temperá que actualmente conforma a Rede Galega. O obxecto da reunión foi presentar a primeira versión da aplicación informática que vai implementarse na Rede de Atención Temperá. O representante da AMTEGA expuxo o plan de implementación que pasaría por unha testaxe inicial por parte dalgúns servizos, antes da súa implantación xeral. Técnicos da empresa INDRA presentaron as características deseñadas ata o de agora que recollen, por unha banda aspectos da aplicación orixinal  cedida no seu día pola Asociación Galega de Atención Temperá, e por outra unha acomodación aos requisitos administrativos e de xestión que conleva a Orde de Subvenciónn.

Por parte dos profesionais asistentes houbo especial incidencia na necesidade de simplificar os procesos e categorías de actividade imputables co fin de conciliar a utilidade da aplicación na rendición de contas e na función asistencial.

O responsable da AMTEGA explicou tamén a intención de que transitoriamente as unidades conveniadas coaa AGAT e as subvencionadas pola Orde, manteñan aplicacións diferenciadas, coa idea de avanzar progresivamente na unificación das dúas a traves de sucesivos procesos de mellora.

As unidades que inicialmente realizarán a testaxe da aplicación son os SAT de Noia, Ordes e Cangas de Morrazo.

Tags: Noticias

Outras entradas

O CONCELLO DE TEO MANTÉN O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
LA VISIÓN DE LOS PROFESIONALES – HACIA UN MODELO COMÚN DE ATENCIÓN TEMPRANA