Formación e cursosNoticias

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE FORMACIÓN INTRASERVIZOS 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Fernando González Abeijón, inaugura o Plan de formación destinado a profesionais de atención temperá. No Cegadi (rúa Xosé Chao Rego, s/n). foto xoán crespo 24/09/2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou a aposta da Xunta pola formación para dar o apoio específico que necesitan todos os nenos de Galicia, vivan onde vivan, a través da rede autonómica de Atención Temperá.

Fíxoo hoxe durante a inauguración do PROGRAMA INTRASERVIZOS dirixo a apoiar a posta en marcha de 12 novas unidades da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. que tivo lugar no Centro Galego de Desenvolvemento Integral ( Cegadi).

Fernando González Abeijón explicou que con esta xornada dáse resposta a unha petición histórica dos profesionais das unidades de atención temperá de Galicia. Deste xeito, procúrase unificar criterios de atención; lograr unha maior coordinación entre o sistema de saúde, o sistema educativo e os servizos sociais nesta materia; e formar aos nosos profesionais para que conten cos sistemas máis actualizados e poidan ter unha comunidade de colaboración.

Jaime Ponte, Presidente da AGAT expón o Programa Intraservizos

O Programa Intraservizos faíse en colaboración coa ASOCIACIÓN GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. O seu presidente Jaime Ponte explicou onte os contidos do programa e a súa metodoloxía, baseada na reflexión sobre a práctica dos SATS co apoio de titoras da AGAT.

O programa inclúe diversas sesións telemáticas e presenciais que se realizarán nos propios servizos dende setembro a dexembro do ano en curso.

A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ chega hoxe a 168 concellos e atende a 1740 nenos e nenas a través de 39 SERVIZOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

A ALIANZA POLA PRIMEIRA INFANCIA, NA QUE PARTICIPA AGAT, PIDE PRIORIZAR A PRIMEIRA INFANCIA NAS POLÍTICAS EUROPEAS
COLAS NO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DO SALNÉS