GaliciaNoticias

¿ PARA CANDO UNHA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ PÚBLICA, PRÓXIMA, COMPLETA E DE CALIDADE ?

O grupo parlamentario popular, votou onte en contra da moción presentada polo grupo socialista e apoiada tamén polo BNG e por En Marea, na que se reclamaba chegar a final da Lexislatura aos 8 millóns de euros para mellorar a Rede Galega de Atención Temperá. Unha Rede cuxo desenvolvemento quedou paralizado na presente lexislatura, despois de oito anos de intensa colaboración que fructificaran no Decreto 183/2013 e no Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación, normativa que, a lo menos neste aspecto, situábanos á cabeza de España.

Pero tal e como se reflicte no INFORME DE SITUACIÓN elaborado pola AGAT e remitido no mes de setembro ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Consello Autonómico, e aos grupos parlamentarios, esta lexislatura esta quedando marcada polo o escaso esforzo inversor e normativo que se ven producindo, e pola ausencia de diálogo cos profesionais do sector. As consecuencias, sinaladas pola AGAT no seu informe e reiteradas onte pola diputada Noela Blanco, están a vista.

Galicia está quedando na cola no esforzo inversor que veñen facendo todalas autonomías, cada vez máis conscientes do silencioso sufrimento que está ocasionando a pobreza, a aceleración do cambio social e tecnolóxico e a crise da cultura de crianza entre os máis pequenos. Paradóxicamente, cada vez hai menos pequenos, pero cada vez teñen máis problemas. Problemas que emerxen como retrasos madurativos e dificultades evolutivas de toda índole: emocionais, de conduta, de regulación , de comunicación, de vinculación, de linguaxe,…Problemas que coñecen ben as familias e que coñecemos ben nos servizos de Atención Temperá, que non deixan de aumentar e que están chegando a afectar xa a 1 de cada 10 nenos e nenas.

Fronte a esta realidade, que debería facer reflexionar, cabe negar a evidencia, cabe non querer escoitar as malas noticias, como aconteceu onte nunha parte do Parlamento, pero, en todo caso, os profesionais da Atención Temperá sempre queremos apreciar un atisbo de esperanza. Despois de dous anos, hai apenas dous días que os profesionais da Rede Galega fumos convocados, POR FIN, á presentación da primeira versión da aplicación informatica que debe servir para aglutinar e facilitar o traballo profesional.  E, na súa intervención a representante do grupo popular non só admitíu que “queda moito por facer” se non que anunciou a celebración, ¡¡ despois de dous anos ¡¡, dun próximo Consello Autonómico, no que se actualizaría a Axenda hoxe paralizada e se retomarían os Plans de Formación, hoxe suprimidos. Un recoñecemento “sotto voce”, de que temos razón.

Maís pronto que tarde, esperamos que a sociedade galega tome conciencia de que en cada neno e en cada nena de Galicia hai, ten que haber, un proxecto de futuro, unha oportunidade de mellora, unha paixon por explorar e por aprender. Que non podemos perder a ningún deles  e que necesitamos a contribución de todos.

Nesa liña, e nese compromiso, seguiremos traballando.

 

 

 

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

AGAT INCORPÓRASE Á PLATAFORMA DE ORGANIZACIÓNS DA INFANCIA DE GALICIA – POI
ALCALDE BURELA RECLAMA ANTICIPAR CUSTO DO SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ