GaliciaNoticias

O SERGAS RECOÑECE A LISTA DE ESPERA EN VIGO E ASINARÁ CONTRATOS CON CENTROS PRIVADOS

PRENSA 08/07/2020

O SERGAS destinará 600.000 euros/ano a atención temperá, rehabilitación e logopedia infantís na área de Vigo.

Neste custo inclúese a atención temperá que reciben os nenos de ata seis anos que teñen problemas do desenvolvemento ou que teñen risco de padecelos e tamén a rehabilitación a partir dos seis anos. Segundo o SERGAS este lote do contrato é máis custoso porque se pide un equipo con logopeda, fisioterapeuta, psicólogo, terapeuta e terapeuta ocupacional, como mínimo.

O SERGAS estima un prezo por sesión de 13,50 euros individual e 4,50 grupal

Para chegar a ese prezo ten en conta o que cobra un profesional segundo o convenio colectivo provincial, con salarios inferiores ao que abona o propio Sergas.

Ata o momento, o Sergas non tiña este concerto, senón que ía facendo o que administrativamente se chaman autorizacións de uso, é dicir, pagar ás empresas ás que derivaba aos pacientes. A San Rafael estiveron a derivarse tratamentos, pero suspendéronse. Isto provocou grandes listas de espera, de ata dous anos, segundo denunciou esta mesma semana o colectivo de terapeutas do Sergas en Vigo.

O SERGAS reibirá propostas ata o 20 de xullo

Ata o 20 de xullo recibiranse as propostas. Despois tramitaranse.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

MIL NIÑOS A LA ESPERA DE CONSULTAS DE ATENCIÓN TEMPRANA EN VIGO
A XUNTA REFORZA O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DE A POBRA