A LEI DE IMPULSO DEMOGRÁFICO GARANTIRÁ O ACCESO AOS RECURSOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Santiago 24-10-2019

Na rolda de prensa celebrada hoxe o Presidente da Xunta destacou a participación do terceiro sector social nas políticas de impulso demográfico

O novo proxecto de Lei de Impulso Demográfico recollerá segundo Feijoo a «garantía de accesibilidade dos recursos de atención temperá» unha demanda expresada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) nas súas alegacións, tramitadas a través da Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG)

N0 prólogo das súas alegacións AGAT destacou a importancia de garantir un itinerario de crianza saudable, afectivamente seguro e inclusivo, asi como a corresponsabilidade da sociedade na crianza e nas perspectivas de futuro dos fillos, incluindo as posibilidades de remediación das circunstancias adversas que poida atravesar ou afrontar o grupo familiar.

Outras novidades refírense á prórroga dun ano das prestacións en situacións de especial vulnerabilidade ou a aplicación dun trato diferenciado ás familias con nenos ou persoas dependentes a cargo.

O documento recollerá ademais o obxectivo de avanzar progresivamente cara á universalización da educación infantil de 0 a 3 anos .