Noticias

O MINISTERIO DE DEREITOS SOCIAIS CONVOCA E COFINANCIA ACTUACIÓNS DE ATENCIÓN TEMPERÁ COAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

29-04-2025

O BOE do 25 de abril de 2025 publica unha convocatoria do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para cofinanciar actuacións de Atención Temperá en todas as Comunidades Autónomas. A convocatoria enmárcase no tramo estatal do Programa estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil y Lucha contra la Pobreza da Unión Europea

A convocatoria establece 3 liñas posibles de cofinanciación e toma soporte técnico do recente acordo estatal sobre medidas e estándares de calidade en Atención Temperá :

– 7.L05  Testeo de  la  implementación  de  los  estándares de  calidad   en  atención temprana.

Para esta liña a cofinanciación sería dun 60% ata un máximo de 352.941,18 €. Para este máximo a Comunidade Autónoma de Galicia debería achegar 235,294,12 €. O que faría un total de 588.235,99 €

– 7.L06  Acciones para   el  acompañamiento a  los  centros y  servicios de  atención temprana  para   la  adaptación  del   servicio   y  modelo   de   intervención  a   los   nuevos estándares.

Para esta liña, a cofinanción sería tamén dun 60% ata un máximo de  1.408.858,23. Para este máximo a Xunta debería achegar ata  939.238,82 €. O que faría un total de  2.348.097,05 €

– 7.L07 Acciones de formación  de profesionales.

Para esta liña, a cofinanción sería tamén dun 60% ata un máximo de  150.017,25 €. Para este máximo a Xunta debería achegar ata 100.011,50 €. O que faría un total de  €250.028,74

A convocatoria establece un prazo de 2 meses para presentar as propostas de actuación por parte das Comunidades Autónomas, e outros dous para a selección e sinatura dos correspondentes convenios das que finalmente sexan seleccionadas

 

Disposición 8362 del BOE núm. 100 de 2025

Tags: Noticias

Outras entradas

XVI CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS Y SERVICIOS DE ATENCIÓN A PERSONAS CON DISCAPACIDAD
AGAT PARTICIPA NOS ACTOS DO DÍA DA FAMILIA