Na mañá do sábado 23, convocada pola AGAT tivo lugar no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela un ENCONTRO dos Servizos Comunitarios Específicos da Rede Galega de Atención Temperá – SATS.
Na presentación do encontro, O Presidente da AGAT, Jaime Ponte, fixo unha breve memoria do camiño percorrido pola Atención Temperá en Galicia. Explicou como a constitución da AGAT no ano 1997 tiña como obxectivo a modernización do modelo asistencial existente en Galicia, priorizando a formación dunha rede pública baseada na existencia de servizos comunitarios contextualizados, próximos aos lugares de vida das crianzas e das familias e integrados na súa rede de apoios sociais, sanitarios ou educativos. E o retraso que supuxo para Galicia respecto doutras Comunidades Autónomas o feito de que ata o ano 2013 ese modelo non comezara a financiarse e implementarse.
“Agora – dixo Ponte – temos por fin unha rede de mais de 30 SATS que chega a mitade dos concellos e da cobertura ao 50% do territorio de Galicia e cabe esperar que a partir da resolución da presente convocatoria o número de SATS poida estar perto das 50 unidades”, pois existe financiación para esa ampliación. “Pero hai que confesar unha importante decepción ante a inestabilidade con que se está planteando a creacións dos SATS – mediante convocatorias anuais e permitindo a adxudicación dos servizos en base a menor oferta económica – o que esta a producir importantes desigualdades nas súas dotacións materiais, nas súas instalacións e nos seus recursos humáns”. O que estaría a producir situacións de trato diferencial nunhas e outras comarcas, e incluso a existencia de importantes listas de agarda e demoras inaceptables nalgunhas zonas de Galicia.
A convocatoria do encontro, segundo explicou Ponte, responde ao interese da AGAT por coñecer a fondo a situacións dos servizos comunitarios, a súa realidade asistencial, as posibilidades de desenvolver un servizo digno, estable e da mellor calidade para todos os nenos e nenas de Galicia e as súas familias. “Esta estabilidad e esta calidade, a igualdade de trato en toda Galicia deberia estar garantida por unha Orde que delimite funcións, dotacións e procedementos e indicadores, unha Orde de acreditación dos SATS“.
Con este fín, e para avanzar cara a unha proposta común dos SATS, no propio encontro creáronse grupos de traballo e intercambio das experiencias dos diferentes servizos.
Os temas tratados foron os seguintes:
- Condicións laborais, cumprimento como minimo do XV Convenio en tódolos SATS, recoñecemento da especialización de postgrado en Atención Temperá. Clarificación de funcións. Posibilidade de avanzar cara un convenio propio na liña do existente en Cataluña.
- Estabilidade dos servizos. Servizos de financiación pública autonomica, de xestión directa e/ou concertados. Desaprobación da licitación a baixa dos servizos dando entrada á iniciativa privada con ánimo de lucro.
- Necesidade de facer comprender a trascendencia e necesidade de respetar a continuidade dos servizos, e a importancia da súa contextualización para a prestación.
- Dimensionamento axustado á demanda. Desaparación das listas de agarda. Establecemento de límites á demora.
- Delimitar ratios de casos/profesional
- Necesidade de que exista unha instancia autonómica de coordinación da prestación. Tamén reeaxaminar o actual sistema de inspección dos servizos
- En tanto subsista a convocatoria anual de subvencións e xestión exixir a responsabilidad da Xunta- na regulación – e dos concellos – na xestión- de tal forma que se garanta a sua continuidade e dimensións, limitando a creación ou desaparición á “carta” en función de situacións circunstanciais ou dependendo dos programas políticos dos grupos que dirixan os concellos.
- Exixencia dunha norma que iguale as condicións de prestación do servizo en canto a dotacións, infraestrutura, ratios, intensidades, etc
- Reexamen do cumprimento e no seu caso modificación do actual Protocolo, unficando os procedementos no conxunto da rede de servizos.
- Análise dos posibles solapamentos, duplicidades ou desigualdes dos recursos públicos que se destinan aos diferentes casos sen que teña xustificación terapeutica e con posible perxuizo para os procesos evolutivos.
Finalmente os servizos e profesionais asistentes acordaron elaborar e difundir un borrador dos temas tratados ao resto dos SATS, abrindo un proceso de participación para a elaboración dun sumario de propostas para o desenvolvemento dos servizos.
A idea é presentar os resultados deste proceso nas Xornadas que vai convocar AGAT o vindeiro 30 de setembro