JOSE LUIS PEÑA, NOVO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN
O pasado día 1 de decembro tivo lugar en Madrid a Asamblea extraordinaria da Federación Estatal de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá – GAT, a que asistiron pola Asociación Galega de Atención Temperá – AGAT- Teresa Busto e Jaime Ponte, presidenta e vicepresidente da Asociación.
Resultou elixida a candidatura presidida por Jose Luis Peña e conformada por:
Jose Luis Peña Segura (ASARAT)
Pilar López Pisón (ASARAT)
Yolanda Sánchez (AITE)
Miquel Angel Rubert (ACAP)
Rafael Ibañez (ATAI)
Jose Luis Peña Segura é presidente de ASARAT, Asociación de Atención Temprana de Aragón, exercendo profesionalmente como Neuropediatra no Hospital Universitario Miguel Servet de Zaragoza
Pilar lópez Pisón é vicepresidenta de ASARAT, logopeda e directora do Centro de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá do Portillo en Zaragoza.
Yolanda Sánchez, é psicopedagoga e presidenta da Asociación Interprofesional de Extremadura
Miquel Angel Rubert, é psicólogo, xerente da Asociación Catalana de Atenció Precoç e da Unió de Centros de De Desenvolvemento Infantil e Atención Precoç
Rafael Ibañez é presidente de ATAI, asociación inteprofesional de Andalucía, psicólogo e director do CDIAT de Sanlucar de Barrameda.
Ademais da elección da nova Xunta Directiva, entre os acordos adoptados figuran o fortalecemento organizativo da Federación e a elaboración dun novo documento de referencia no que se delimiten os contidos da prestación de Atención Temperá, de cara á súa homoxeneización no conxunto do Estado.