1-07-2024
CONVOCATORIA DA 2ª EDICIÓN DO CURSO “TRABALLO CON FAMILIAS”
UNHA FORMACIÓN EXCEPCIONAL CO CENTRO MARIE LANGER
O TRABALLO CON FAMILIAS NA
REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Formación organizada e coordinada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e impartida polo Centro Marie Langer, Centro de desenvolvemento de saúde comunitaria.
Financiación de programas de interese xeral para fin de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2023, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
50 HORAS DE FORMACIÓN SUPERVISADA
OBXECTIVOS
- Reflexionar acerca do proceso de construción de autonomía como un proceso integral no desenvolvemento humano e a implicación do vínculo co mundo adulto.
- Traballar algunhas ferramentas para optimizar a relación coas familias dos nenos e nenas usuarias de Atención Temperá.
- Coñecer algunhas nocións básicas da concepción da Metodoloxía ProCC en relación a intervención grupal con familias.
CONTIDOS
- Ter un fillo con trastorno do desenvolvemento, implicacións para a familia. O papel da familia no tratamento dun neno/a en atención temperá. O papel do profesional de atención temperá en relación á familia.
- Normalidade Suposta Saúde e malestares cotiáns do ámbito familiar. Dificultades cotiás nas relacións familiares e a súa relación co proceso de construción de autonomía.
- Vínculo, desprendementos, duelo, autoridade e límites. Sentimentos nomeables e innomeables e a súa influencia no proceso de elaboración do duelo. O círculo vicioso da culpa.
- Claves para a intervención con familias, intervención individual e intervención grupaL
- Orientación comunitaria na intervención. Algunhas ferramentas para o traballo grupal con familias desde unha perspectiva comunitaria.
LUGAR – EGAP- SANTIAGO DE COMPOSTELA. Nº DE PRAZAS = 25 Formación gratuíta previa selección, baremación e distribución das prazas.
REQUISITOS MÍNIMOS PARA OPTAR Á SELECCIÓN .
- Para optar á selección os candidatos deben
- Estar en posesión dunha titulación de grao exixible para traballar en Atención Temperá: psicoloxía, logopedia, pedagoxía, maxisterio, fisioterapia, terapia ocupacional, educación social, traballado social, etc.
- Estar traballando na actualidade na Rede Galega de Atención Temperá (RGAT)
- Contar cunha experiencia mínima de 1 ano traballado na Rede Galega de Atención Temperá (RGAT)
SELECCIÓN DOS CANDIDATOS
- A selección realizarase partindo dunha primeira listaxe por rigoroso orde de inscrición, seleccionando por unidade/servizo diferente de tal xeito que se consiga a participación do maior número de unidades/servizos da RGAT, ata cubrir o total de prazas.
CERTIFICACIÓN DO CURSO
- Imprescindible unha asistencia superior ao 75% das horas presenciais
- PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA: 1 de xullo de 2024 – WEB DA AGAT
- PRAZO DE ADMISIÓN DE SOLICITUDES: 8 de xullo – 21 de xullo de 2024 (inclusive)
Solicitude a través do correo electrónico: formacion@atenciontemprana.com
- Asunto: Curso “Traballo con Familias”.
- No apartado mensaxe:
- Nome e apelidos
- Perfil profesional
- Email para recibir notificacións
- Número de teléfono
- SAT no que está traballando actualmente
- Adxuntar Certificado do tempo traballado na Rede Galega de Atención Temperá pola entidade correspondente.
- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE SELECCIONADOS : 29 de xullo
A comprobación de requisitos, listaxes e resolucións será realizada pola comisión de formación da AGAT. Prégase compromiso en firme de asistencia, tendo en conta o carácter gratuíto e excepcional da formación.
PDF coa convocatoria