Patricia Míguez da Xunta Directiva da AGAT presentou hoxe na EGAP a segunda edición do curso PRIMEIRA ALIANZA – FORTALECENDO OS VÍNCULOS TEMPERÁS.
A formación está organizada e coordinada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e financiada como programa de interese xeral para fin de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2022, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
Primera Alianza é un programa de formación impartida polo equipo Primera Alianza. Instituto Universitario de la Familia. Universidade Pontificia de Comillas. Os relatores son Ana Berástegui e Carlos Pitillas
- Ana Berástegui Pedro-Viejo é Doutora en Psicoloxía. Especialista en intervención Psicolóxica no campo de exclusión. Investigadora no Instituto Universitario da Familia.
- Carlos Pitillas Salvá é Doutor en Psicoloxía. Investigador mo Instituto Universitario da Familia. Especialista en Psicoloxía Clínica Infanto-xuvenil e Intervención Familiar. Coordinador do Proxecto Primeira Alianza.
Esta nova edición reune a outros 25 profesionais de 18 servizos comunitarios ou unidades hospitalarias da Rede Galega de Atención Temperá.
Primeira Alianza é un programa de intervención familiar, baseado na teoría do apego, cuxo obxectivo é fortalecer e/ou reparar a relación de apego entre menores de 1 a 6 anos e os seus coidadores primarios. O programa está deseñado especialmente para a súa utilización con familias onde existe un risco psicosocial que afecta á calidade da vinculación temperá. A súa metodoloxía convérteo nun programa baseado na experiencia, sinxelo de aplicar, e xerador de transformacións internas nos coidadores.
Primeira Alianza é unha formación moi ben avaliada polos profesionais. Na primeria edición en 2023 o 70% considerou o programa “Excelente” e o 30% “Moi Bo”