O Diario Oficial de Galicia do 1o de agosto de 2026, publica a ORDE do 22 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2026 a 2028, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria
FINANCIACIÓN
1. Para o financiamento desta convocatoria destínase crédito por importe total de dezaoito millóns catrocentos cincuenta e tres mil setecentos dez euros con vinte e tres céntimos (18.453.710,23 €), que se imputará á aplicación 08.04.312E.460.1, coa seguinte desagregación por anualidades:
|
Anualidade |
Aplicación |
Código de proxecto |
Importe |
|
2026 |
08.04.312E.460.1 |
2023 00145 |
1.537.809,19 € |
|
2027 |
08.04.312E.460.1 |
2023 00145 |
7.689.045,93 € |
|
2028 |
08.04.312E.460.1 |
2023 00145 |
9.226.855,11 € |
O crédito distribuirase entre os dous programas segundo o sinalado a continuación:
|
Anualidade |
Importe programa I |
Importe programa II |
Total |
|
2026 |
1.305.212,92 € |
232.596,26 € |
1.537.809,19 € |
|
2027 |
6.526.064,61 € |
1.162.981,32 € |
7.689.045,93 € |
|
2028 |
7.831.277,53 € |
1.395.577,59 € |
9.226.855,11 € |
*Actualmente a Rede galega de Atención Temperá conta con 53 servizos comunitarios que dan cobertura a 200 concellos e proporcionan asistencia personalizada a máis de 6.ooo nenos e nenas con problemas ou dificultades no desenvolvemento, apoiando ás súas familias e dinamizando nun sentido positivo as contornas nas que desenvolven a súa vida. Conforme á dotación do programa II cabe esperar a creación cómo mínimo doutros 8 servizos comunitarios nos vindeiros dous anos (Nota da AGAT)
IMPORTES MÁXIMOS
1º. Categoría 1. Servizos de xestión individual que conten cunha poboación de ata 1.100 menores de 0-6 anos: ata 12.100,00 € de importe máximo por mes subvencionable.
2º. Categoría 2. Servizos de xestión compartida que conten cunha poboación de ata 1.100 menores de 0-6 anos no seu ámbito territorial: ata 15.287,00 € de importe máximo por mes subvencionable.
3º. Categoría 3. Servizos de xestión compartida ou individual que conten cunha poboación de máis de 1.100 menores de 0-6 anos no seu ámbito territorial: ata 18.344,40 € de importe máximo por mes subvencionable.
CENSOS MÍNIMOS
Para a creación de unidades de atención temperá de xestión individual (programa II) exixirase con carácter xeral que estas conten no seu ámbito territorial cun censo mínimo de 300 menores de 0-6 anos, segundo a cifra de poboación na data do 1 de xaneiro de 2025 (fonte Instituto Galego de Estatística). No suposto en que a creación da nova unidade de atención temperá de xestión individual sexa promovida por un concello que formase parte dunha unidade de atención temperá de xestión compartida subvencionada pola anterior Orde do 27 de xuño de 2024, exixirase que este conte no seu ámbito territorial cun censo mínimo de 500 menores de 0-6 anos, segundo a cifra de poboación na data do 1 de xaneiro
MODALIDADES DE XESTIÓN DIRECTA E INDIRECTA
A prestación poderá realizarse mediante xestión individual ou compartida e ser directa ou indirecta (mediante a contratación ou formalización dun concerto social con outras entidades para a execución total da actividade subvencionada), de acordo coas definicións do artigo 2.
EQUIPO PROFESIONAL
O equipo humano responsable da prestación deberá:
1º. Contar cun mínimo de tres integrantes cunha titulación universitaria de grao ou superior, segundo o disposto no Real decreto 1027/2011, do 15 de xullo, polo que se establece o Marco español de cualificacións para a educación superior, e o Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
2º. Ser interdisciplinar e estará integrado por profesionais diferentes de entre as seguintes titulacións universitarias: pedagoxía, psicopedagoxía, psicoloxía, logopedia, educación social, traballo social, maxisterio, educación infantil, enfermaría, terapia ocupacional, fisioterapia e medicina. O persoal deberá de estar especializado en desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou en apoio familiar, ou acreditar experiencia suficiente nestas materias para a realización das súas funcións.
CATEGORÍA LABORAL ÚNICA
GARANTÍA DE CUSTOS PROFESIONAIS MINIMOS UNITARIOS
Art 11.d) Para garantir unhas retribucións do persoal técnico das unidades conforme o previsto no convenio colectivo de aplicación e de acordo coas contías mínimas previstas nesta orde de axudas, nos supostos de contratación de persoal a través de servicios externos, así como de xestión indirecta dos servizos de atención temperá, deberá garantirse unha retribución/hora para os profesionais igual ou superior aos custos unitarios por hora establecidos nesta orde o que deberá constar nos pregos do expediente de contratación ou na documentación relativa ao concerto social, se é o caso.
** Cabe recordar a complexidade e a especialización que requiren os programas personalizados de Atención Temperá e a importancia de facilitar vínculos estables cos nenos e neas, coas familias e coas redes profesionais da contorna comunitaria. O que require evitar situacións de precariedade ou inestabilidade no desempeño profesional e promover a contextualización dos equipos (AGAT)
PRESTACIÓNS DOS SERVIZOS
1º. Diagnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as.
2º. Desenvolvemento psicomotor.
3º. Desenvolvemento cognitivo.
4º. Desenvolvemento da linguaxe e comunicación.
5º. Desenvolvemento da autonomía.
6º. Desenvolvemento da área social e afectiva.
7º. Apoio, información, habilitación e formación da familia
*** A Atención Temperá é unha modalidade profesional cun marcado perfil propio, que require unha formación específica moi especializada nos procesos base de desenvolvemento infantil na etapa 0-6 e tamén no acompañamento ás familias, procesos que determinan unha tipoloxía diferencial de actuacións (AGAT)
CÁLCULO DO IMPORTE DA SUBVENCIÓN Á SOLICITAR
- Custo unitario de 22,23 euros por cada hora acreditada dedicada ao proxecto polos profesionais equiparables ao devandito grupo 1 que conforman os equipos
- Sobre o indicado custo unitario engádese un tipo fixo do 30 % en concepto doutros custos directos e custos indirectos necesarios para o desenvolvemento da prestación
PRAZO
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación









