Noticias

LOGOPEDA PARA SERVIZO ATENCIÓN TEMPERÁ EN ORDES

10-01-2019

A partir de mañá disporase de 10 días naturais para entregar as solicitudes. Dende de hoxe xa se poden consultar as bases na web do ente supramunicipal

A Presidencia da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de aprobar a convocatoria das bases para a contratación dun logopeda para o servizo de atención temperá. O procedemento selectivo consistirá nun concurso de méritos, unha proba tipo test e unha entrevista persoal. As persoas interesadas en participar neste proceso dispoñen de 10 días  naturais a partir de mañá para entregar a correspondente solicitude.

Para máis información pódense consultar o seguinte enlace na páxina web da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes:

http://www.mancomunidadeordes.gal/backoffice/file/proba-selectiva-logopeda-3757.pdf .

Tags: Noticias

Outras entradas

TERAPEUTA DE ATENCIÓN TEMPERÁ PARA A FUNDACIÓN MENELA
¡¡¡ CURSO COMPLETO ¡¡¡ 27 ABRIL – CURSO: CLÍNICA E TRATAMENTO DO TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA