O PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ SOLICITA CON URXENCIA MÁIS MEDIOS PROFESIONAIS E UNHA NOVA UNIDADE PARA ELIMINAR A LISTA DE ESPERA E A DEMORA SUPERIOR A 15 MESES QUE HAI ACTUALMENTE NO ACCESO AO SERVIZO
Onte 16 de xuño, e coindicindo co DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ, tivo lugar en Vilagarcía de Arousa a lectura do manifesto da Federación Española de Asociaciones de Profesionales de la Atención Temprana.
O acto contou coa asistencia de profesinais do equipo da UDIAF SALNÉS e de familias atendidas pola Unidade. Tamén estivo presente o Presidente da Asociación Galega de Atención Temperá.
O Presidente da AGAT, entidade que xestiona a UDIAF SALNÉS, fixo referencia á que a UDIAF, cos medios cos que conta actualmente, non pode dar una resposta axeitada, preventivo-asistencial ás necesidades dos máis de 5000 nenos e nenas de 0 a 6 anos que hai na comarca
Jaime Ponte, explicou que actualmente hai 70 nenos/familias en lista de espera e unha demora de 15 meses no acceso á Unidade, unha demora incompatible co propio fundamento do servizo, que basea unha grande parte da súa utilidade na detección e intervención precoz sobre os problemas evolutivos.
Ponte volveu solicitar aos principais concellos da comarca e a Consellería de Política Social, un reforzo da Unidade actual e o seu desdobramento creando outra Unidade na proximidade dos concellos da área Sur da comarca.
O Presidente da AGAT salientou a dedicación e calidade asistencial da UDIAF SALNÉS, recoñecida e avaliada como excelente polas familias ano a ano dende a súa creación en 2009. E chamou a aproveitar a experiencia e sabedoría dos profesionais na creación e supervisión dos imprescindibles novos recursos

