Formación e cursosNoticias

JOSE LUIS PEÑA, NA XORNADA TÉCNICA DA AGAT

“OS CENTROS DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL DEBEN CHEGAR AO 10% DA POBOACIÓN INFANTIL 0-6”

No curso da Xornada Técnica Interdisciplinaria da AGAT, celebrada o día 30 de Novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Presidente da Federación Española de Atención Temprana, reclamou das administracións públicas un esforzo de inversión e regularización da prestación de Atención Temperá, respetando as competencias e a diversidade das Comunidades Autónomas

“A ATENCIÓN TEMPERÁ É UNHA RESPOSTA IMPRESCINDIBLE FRONTE AOS PROBLEMAS DA CRIANZA”

José Luis Peña expuxo tamén a necesidade de que os Centros de Desenvolvemento Infantil sexan un recurso de proximidade, comunitario, accesible e integral, abogando pola desaparición dos organismos intermedios de valoración e prescripción da prestación

“ESTAMOS A FALAR DUN RECURSO NO QUE A PROXIMIDADE, A ESTABILIDADE, A CONTINUIDADE E A VINCULACIÓN ENTRE FAMILIAS E PROFESIONAIS É UN REQUISITO PARA O ÉXITO DA VALORACIÓN E DA INTERVENCIÓN”

Falando ante mais de 100 profesionais galegos procedentes do campo sanitario, educativo e social, Jose Luis Peña, abogou tamén pola dignificación da actividade profesional

“O ESFORZO FORMATIVO E A RESPONSABILIDADE DOS PROFESIONAIS DA ATENCIÓN TEMPERÁ DEBE TER O RECOÑECEMENTO POLA ADMINISTRACIÓN QUE XA TEN POR PARTE DAS FAMILIAS”

No curso da súa intervención Jose Luis Peña ofreceu datos da disparidade de poboación atendida e recursos de cada Comunidade Autónoma, e insistiu na necesidade de reforzar o carácter preventivo da Atención Temperá

Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

28 NOVEMBRO 2019: IMAXES DO ENCONTRO EN LALÍN
REMEI TARRAGÓ, NA XORNADA TÉCNICA DA AGAT