O pasado venres 5, tivo lugar a primeira sesión do Máster en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá que organiza o Departamento de Psicoloxía de UDC, en colaboración coa Fundación Paideia,a Xunta de Galicia e AGAT.
No breve acto inaugural estiveron presentes os vintetres alumnos/as inscritos, a Conselleria de Política Social – Fabiola Martínez, Rector da Universidade da Coruña – Julio Abalde, Vicepresidente da Fundación Paideia – Guillermo Vergara, Director do Máster – Manuel García e Presidenta da AGAT – Teresa Busto. Todos destacaron a importancia da formación nun ámbito tan complexo como o desenvolvemento na primeira infancia
O Máster desenvolverá as súas sesións nas instalacións da Fundación Paideia, na praza de María Pita. A primeira delas estivo a cargo do Decano da Facultade de Ciencias da Educación – Manuel Peralbo, quén falou sobre as concepcións da infancia.