Ames (A Coruña), 14 de febreiro de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu esta tarde á inauguración en Bertamiráns do curso A práctica psicomotriz en atención temperá, que se desenvolverá durante seis fins de semana ata o vindeiro 24 de maio. Esta acción formativa, financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade con cargo ao 0,7% do IRPF, está destinada aos profesionais que traballan ma Rede Galega de Atención Temperá.
O curso, no que participan 24 profesionais de diferentes servizos desta Rede está organizado pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e dirixido pola Psicóloga clínica e Psicomotricista MILAGROS LORENZO. Sendo os formadores :
ALVARO BEÑARÁN ARANZABAL,Psicomotricista e Licenciado en Pedagogía terapéutica que será o responsable de impartir a parte teórica.
MARTA Mª PRIETO EXPÓSITO: Psicomotricista. Maestra especialista en Educación Infantil. Responsable de impartir a formación personal.
As sesións celebraranse ata o mes de maio no CEIP da Maía.
O obxectivo é que os profesionais adquiran ferramentas e recursos que faciliten a comprensión, acompañamento e axuste ás necesidades de cada neno.