Cursos – condicións de pago

Condicións de uso, pago, cancelación e devolución dos cursos

AGAT resérvase o dereito de suprimir e/ou modificar datas e lugares en caso de non contar cun
mínimo de participantes. Nestes casos notificarase aos participantes con anticipación, devolvéndolles, así
mesmo, integramente o diñeiro da inscrición abonada ou unha nova inscrición noutro curso de idénticas
características ou diferente prezo devolvendo a diferenza se o prezo é inferior ou solicitando a diferenza se o
prezo é superior.

Cancelacións

En caso de cancelación da inscrición esta será devolta na súa totalidade se se realiza 30 días antes do inicio
do curso cunha penalización de 5 euros por gastos de xestión e administrativos. Se a renuncia realízase entre
os últimos 30 días antes do curso non se reembolsará a inscrición. Non se realizará ningún reembolso se a
cancelación realízase nos últimos 5 días.

Anulación ou modificación de cursos por parte da AGAT

En caso de suspensión do curso ou modificación de datas, outorgarase un reembolso completo ou unha nova inscrición noutro curso de idénticas características.

Política de Pagos

Pago prematuro: Os cursos teñen un prezo inferior se se realiza o ingreso ou transferencia nas datas
marcadas para ese prezo. Se a transferencia chega pasado ese período polo prezo máis económico, a
Organización pode dar por incompleto o pago, e poderá esixir o envío do xustificante que demostre que a
transferencia ou ingreso realizouse no período estipulado. Cada curso marca na sección de prezos a data
exacta límite para o prezo máis económico. En caso de non poder demostrar que o pago se realizo con
anterioridade á data establecida, o participante deberá abonar a cantidade pendente antes do inicio do curso
para completar a súa inscrición co prezo estipulado para inscricións realizadas no último mes, en caso
contrario, a Organización resérvase o dereito de cancelar a inscrición e aplicar a política de devolucións
exposta no parráfo anterior.

Método de pago: Só se aceptan pagos mendiante transferencia bancaria ou ingreso bancario. En caso de
non indicar claramente os datos do participante e o curso para o que realiza o movemento bancario, a
organización advirte que pode non procesarse correctamente a inscrición e o material ou mesmo participación
no curso podería verse anulada.

Descontos socios: Os descontos a socios só serán válidos naqueles socios
que teñan abonada a cota de afiliación do ano en que se realiza o curso. Aqueles que aínda non abonasen a
cota anual do devandito ano, deberán realizar o ingreso ou domiciliación da cota anual antes do pago do
curso, ou AGAT resérvase o dereito de dar por incompleta a inscrición ata que non abone a
cantidade sen desconto ou a cota de socio correspondente.